Saltar ao contido

Lingua keta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua ket»)
Lingua keta
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
213 (2010)
365 (2002)
150 (década de 2000)
537 (1989)
1225 (1926)
150 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Identificadores
Freebase/m/01bvvr Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ket Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ket Editar o valor en Wikidata
IETFket Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O keto (ou ket, ou queto), anteriormente coñecido como ienisei ostiak,[1] é unha lingua illada siberiana, a última supervivente da familia de linguas ieniseianas. O keto está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Houbo intentos por expertos soviéticos de estableceren unha relación entre a lingua keta e o burushaski, e mesmo coas linguas sino-tibetanas. Pero a maioría dos autores inclúeno na suposta familia das linguas dené-caucasianas.[3]

Hoxe en día hai pouco máis de 200 falantes da lingua keta. Realizáronse esforzos para introducir a lingua nas gardarías e nos colexios. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[4] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües,[5] polo que se teme que desapareza.

O número de compoñentes do pobo keta que teñen como lingua materna este idioma descendeu desde os 1 225 en 1926 até os 537 en 1989 e os 213 en 2010.[4]

Outra lingua pertencente á familia ieniseiana, o yugh, extinguiuse recentemente.

Características da lingua

[editar | editar a fonte]
Alfabeto de 1930
a ā æ b d e ē ə f g h i ī j k l
m n ŋ o ō p q r s t u ū v ь
Alfabeto cirílico de 1991
а б в г г̡ д е ё ж з и й к ӄ л м н ӈ о
ɵ п р с т у ф х ц ч ш щ ъ ǝ ы ь э ю я

Investigacións sobre a lingua

[editar | editar a fonte]

As primeiras notas sobre o keta (Путешествия по разным провинциям Русского Государства) foron publicadas en 1788 por P. S. Pallas nun dos seus cadernos de viaxes. En 1858, M. A. Castrén publicou o primeiro dicionario keta (Versuch einer jenissei-ostjakischen and kottischen Sprachlehre), que tamén incluía documentación sobre o kot e Castrén foi tamén o primeiro en realizar unha gramática completa da lingua[6]. No século XIX os keta foron erroneamente clasificados como unha tribo fino-ugria do grupo dos khats. O primeiro libro sobre gramática keta (Кетский язык) no século XX publicouno N.K.Karger en 1934.[7][8][9]

  1. Bauer, Laurie (2007): The Linguistics Student's Handbook. Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2759-2.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Sanchez-Mazas, Alicia; Blench, Roger; Ross, Malcolm D.; Peiros, Ilia; Lin, Marie (25-07-2008). Past Human Migrations in East Asia: Matching Archaeology, Linguistics and Genetics (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-1-1341-4962-9. 
  4. 4,0 4,1 Kryukova, Elena (2013): "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39.
  5. Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500. 
  6. Stefan, Georg (2007) " A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei Ostyak). Volume I: Introduction, Phonology, Morphology. Global Oriental, Folkestone (Kent), p. 35
  7. "A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei-Ostyak)". eds.b.ebscohost.com. Consultado o 1 de abril de 2019. [Ligazón morta]
  8. Karger, N. K. (1934). Ketskij (Enisejsko-Ostyatskij) Jazyk. Jazyki i Pismennost' Narodov Severa III. Moskva: Gosudarstvennoe Učebno-Pedagogičeskoe Izdatel'stvo. pp. 223–238. 
  9. Werner, Heinrich (1997). Die Ketische Sprache. Wiesbaden: Harrassowitz Verlag. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Georg, Stefan (2007). Introduction, Phonology, Morphology. A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei-Ostyak) 1 (Folkestone, Kent, UK: Global Oriental Ltd). ISBN 978-1-9019-0358-4. 
  • Vajda, Edward J. (2000). Ket Prosodic Phonology. Languages of the World 15 (Múnic: Lincom Europa). 
  • Vajda, M. Zinn, E.; Zinn, M. (2004). Morfologicheskii slovar ketskogo glagola: na osnove iuzhno-ketskogo dialekta. = Morphological dictionary of the Ket verb: Southern dialect /. 
  • Vajda, Edward J.; Kari, J., Editor; Potter, B. (2010). Siberian Link with Na-Dene Languages The Dene–Yeniseian Connection. Anthropological Papers of the University of Alaska, new series 5 (Fairbanks: University of Alaska Fairbanks, Department of Anthropology). pp. 33–99. 
  • Kotorova, Elizaveta e Andrey Nefedov (eds.) (2015). Comprehensive Ket Dictionary / Большой словарь кетского языка (2 vols). Languages of the World/Dictionaries (LW/D) 57. Múnic: Lincom Europa.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]