Linguas ieniseianas
Linguas ieniseianas Енисейские языки | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Conca do río Ienisei central, Siberia | |
Total de falantes: | 213 (ano 2010) [1] | |
Familia: | Linguas turcas Linguas turcas siberianas Linguas dené-ieniseianas Linguas ieniseianas | |
Escrita: | Cirílico | |
Regulado por: | yeni1252 [2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas ieniseianas,[3] tamén coñecidas como linguas ieniseiacas, son unha familia lingüística hipotética que pertence ao conxunto das linguas paleosiberianas.
Falantes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pobo ieniseiano.
Son linguas faladas polos ieniseianos, pobos siberianos que habitaron en tempos grandes partes da rexión do río Ienisei, no centro da Siberia.
Suxírese que as linguas ieniseianas falábanse nunha zona moito maior na antigüidade, incluíndo partes do norte da China e de Mongolia.[4]
Pénsase que houbo tres variantes:
- Ieniseiano meridional (keta)
- Ieniseiano setentrional †
- Ruanruano-Xiongnu † (posíbel)
Os únicos sobreviventes actuais son algúns membros do pobo keta.[1]
Orixe
[editar | editar a fonte]Segundo un estudo recente, o pobo ieniseiano e a súa lingua orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou preto do lago Baikal. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.[5]
Estado actual
[editar | editar a fonte]A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[1] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kryukova, Elena (2013). "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39.
- ↑ Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017). "Yeniseian". Glottolog 3.0. Jena, Germany: Max Planck Institute for the Science of Human History.
- ↑ Linguas ieniseianas Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en ieniseiano -na, no Digalego.
- ↑ Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Oxford/New York: Routledge. ISBN 978-0-7007-1290-8.
- ↑ Flegontov, Pavel; Changmai, Piya; Zidkova, Anastassiya; Logacheva, Maria D.; Altınışık, N. Ezgi; Flegontova, Olga; Gelfand, Mikhail S.; Gerasimov, Evgeny S.; Khrameeva, Ekaterina E. (11-02-2016). "Genomic study of the Ket: a Paleo-Eskimo-related ethnic group with significant ancient North Eurasian ancestry". Scientific Reports 6: 20768. Bibcode:2016NatSR...620768F. PMC 4750364. PMID 26865217. arXiv:1508.03097. doi:10.1038/srep20768. Consultado o 31 de marzo de 2019.
- ↑ Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anderson, G. (2003): "Yeniseic languages in Siberian areal perspective", Sprachtypologie und Universalienforschung 56 (1/2): 12–39. Berlin: Akademie Verlag.
- Bengtson, John D. (2008): "Materials for a Comparative Grammar of the Dene–Caucasian (Sino-Caucasian) Languages". Aspects of Comparative Linguistics, vol 3, pp. 45–118. Moscova: RSUH Publishers.
- Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.
- Van Driem, George. (2001): The Languages of the Himalayas. Leiden: Brill Publishers. ISBN 978-9-0041-0390-0.