Lingua efik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Efik
Usem Efịk
Falado en: Sur Nixeria
Rexións: Cross River
Total de falantes: 698 620 (2020)
2 millóns (2ª lingua)
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Benue-congo
    río Cross
     Baixo Cross
      Ibibio-efik
       Efik
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: efi
Mapa
Status

O efik está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua efik /ˈɛfɪk/[2] (Usem Efịk) é unha lingua falada polo pobo efik, que habita nos estados de Cross River e Akwa Ibom, en Nixeria, así como no noroeste do Camerún. A lingua efik é mutuamente intelixible con outras linguas do baixo Cross River como o ibibio, o anaang, o oro e o Ekid mais o grao de intelixibilidade no caso do oro e o ekid é unidireccional; noutras palabras, os falantes destas linguas falan e entenden efik (e ibibio) pero non viceversa.[3] O vocabulario efik foi enriquecido e influenciado polo contacto externo cos británicos, portugueses e outras comunidades circundantes como os balondo, os oron, os efut, os okoyong, os efiat e os ekoi (Qua).[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Bauer, p. 370
  3. Mensah and Ekawan, p.60
  4. Simmons, p. 16
  5. Goldie, Dictionary of the Efik, p.28

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]