Saltar ao contido

Declinación (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua declinable»)

En lingüística, declinación é a inflexión de substantivos, pronomes e adxectivos para indicar características gramaticais como o número, o caso ou o xénero. En xeral, porén, adoita só usarse este termo para indicar a inflexión dunha palabra en casos gramaticais que marcan a súa función nunha oración, ou ben, o conxunto de casos en que inflexiona unha palabra (substantivo, adxectivo, pronome) é a súa declinación.

Gran parte des linguas do mundo presentan declinación, que xoga un papel moi importante nas linguas indoeuropeas. En galego, por exemplo, só ha inflexión para indicar número, e, en cando é posíbel, xénero:

  • ex. galego: o gato, a gata, os gatos, as gatas.
  • ex. francès: le chat, la chatte, les chats, les chattes.

Como pode verse, nestes vocábulos ha un elemento primario e fixo que constitúe a raíz ou radical e que mostra o elemento semántico, á cal se engaden as desinencias (-a, -os etc.) que subministran información gramatical.

Outras linguas teñen desinencias, que constitúen marcadores de casos, porcións de información que indican o papel gramatical da palabra.

Nestas frases en lingua rusa muda o nome de muller que aparece nas tres:

  • 1. Ольга танцует очень хорошо [Ol'ga tantsuet ochen horosho] Olga baila ben.
  • 2. Ты знаешь Ольгу. [Ty znaesh' Ol'gu]. Coñeces a Olga.
  • 3. Он танцует с Ольгой [On tantsuet s Ol'goi]. El baila con Olga.

Na primeira frase, Olga é o suxeito da oración e polo tanto non aparece cambio: esta é a forma básica dos substantivos, e que adoita denominar caso nominativo.

Na segunda frase, pola contra, a derradeira vogal do nome Olga tórnase -u: Olgu. Olga é o complemento directo da oración, o que quere dicir que é o obxecto da oración ao que se refire a acción (o verbo), nesta ocasión, coñecer. En ruso, pois, os elementos da frase que constitúen o complemento directo, toman a forma do caso acusativo, que en substantivos femininos adoitan acabar en (trancrito ó galego como <-u>).

Na terceira frase aparece un caso da lingua rusa denominado caso instrumental, que indica con que ou con quen se realiza unha acción, é o que a nosa gramática tradicional chama complemento circunstancial de instrumento (CCT). Os substantivos femininos da lingua rusa toman a desinencia -ой (-oi) para indicalo.

Como xa se dixo, as linguas románicas, non fan este tipo de distinción, aínda que unhas cantas palabras mostran restos de casos, como pode apreciarse nos pronomes persoais. Observe:

  • Eu bailo moi ben.
  • Ti coñécesme.
  • El coñéceme a min.

O romanés conserva aínda dous casos gramaticais nos substantivos.

Declinación en linguas indoeuropeas

[editar | editar a fonte]

En latín (a lingua de procedencia das linguas románicas actuais), en cambio, podemos atopar até seis casos gramaticais. Véxanse as formas do vocábulo homo (home), da terceira declinación, en singular, para ilustralo:

  • Nominativo, con función de suxeito ou atributo: homo - ex. homo ibi stat ("o home está aló")
  • Vocativo, vocación (de vocare "chamar"), raramente usado: homo - ex. o homo! ("ou home!")
  • Xenitivo, complemento do nome: hominis - ex. nomen hominis est Claudius (o nom do home é Claudius)
  • Dativo, complemento indirecto: homini - ex. homini donum dedi (dou un regalo ao home)
  • Acusativo, complemento directo: hominem - ex. hominem vidi (viu o home)
  • Ablativo, diversos usos, xeralmente complemento circunstancial: homine - ex. sum altior homine (son máis grande que o home).

O sánscrito, outra lingua indoeuropea, tén un sistema declinativo similar ao do latín, que o gramático da antigüidade Panini denominou Karaka.

Todas as linguas eslavas (como o ruso ou o checo), con excepción parcial do búlgaro, teñen un sistema de declinacións. O ruso orixinariamente posuía sete casos, dos que hoxe en día utilizan seis.

Tamén algunhas linguas xermánicas, como o islandés e, en parte o alemán, conservan un sistema declinatorio. Mentres que a lingua inglesa moderna perdeu os casos, o inglés antigo si que os posuía.

Outras linguas

[editar | editar a fonte]

O éuscaro, o turco, o finés, o estoniano ou o húngaro son exemplos de linguas que non pertencen á familia indoeuropea, e que posúen un gran número de casos, especialmente a última.

En opinión de moitos lingüistas, para estas linguas, porén, non se pode falar verdadeiramente de "declinación", senón que se trata de sufixos que se engaden ao radical da palabra para modificar o seu papel na oración, o que ten grande importancia nas linguas aglutinantes, tipoloxíaa á cal pertencen estes tres idiomas. A declinación, tecnicamente falando, é propia das linguas de tipo sintético.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]