Bislama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua bislama»)
Bislama
Falado en: Vanuatu
Rexións: Europa
Total de falantes: 10.000
200.000 (como segunda lingua)
Posición: non está entre as 100 maiores
Familia: Inglés crioulo
 Pacífico
  Bislama
Escrita: latina
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Vanuatu Vanuatu
Códigos de lingua
ISO 639-1: bi
ISO 639-2: bis
ISO 639-3: bis
Mapa
Status

O bislama está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Falante de bislama, gravada en Vanuatu.

O bislama é unha lingua crioula melanesia falada principalmente en Vanuatu. Ademais é unha das linguas oficiais xunto co inglés e o francés. É a lingua principal de moitos dos ni-Vanuatu Urbanos (os que viven en Port Vila e Luganville), e a segunda lingua para o resto dos habitantes do país.

O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aborixes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.

Está moi relacionado co tok pisin de Papúa Nova Guinea, o Pijin das illas Salomón e o broken do Estreito de Torres en Australia.

O himno nacional, Yumi, Yumi, Yumi, está escrito en bislama.

Historia[editar | editar a fonte]

Milleiros de ni-Vanuatu foron recrutados para traballar en Queensland, Australia, así como nas plantacións de Fidxi entre 1870 e 1880. Coas linguaxes que se falaban nestas plantacións creouse un pidgin.

A orixe do nome[editar | editar a fonte]

A orixe do Bislama, antes chamado Bichelama, provén do século XIX coa palabra "Beach-la-mar" do francés "bêche de mer", cogombro de mar. A mediados dese século, os cogombros de mar foron colleitados e secados, ó mesmo tempo que os sándalos foron colleitados. O nome vén asociado coa clase de pigdin que usaron os traballadores, tanto por eles mesmos como polos habitantes británicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]