Saltar ao contido

Lina Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLina Khan

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Londres Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Mamaroneck High School (en) Traducir
Universidade de Oxford
Williams College
Yale Law School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDireito da concorrência (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogada, académica do dereito Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOpen Markets Institute, general counsel (en) Traducir
Federal Trade Commission, presidenta
New America Foundation (en) Traducir
Columbia Law School Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio weblinamkhan.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: linamkhan LinkedIn: lina-khan-a4430b19 Editar o valor en Wikidata

Lina M. Khan, nada en Londres en 1989, é unha xurista estadounidense especializada en dereito antimonopolio e da competencia nos Estados Unidos. É profesora asociada de Dereito na Columbia Law School. O 22 de marzo de 2021, o presidente Joe Biden anunciou que a nomeaba para ser comisionada da Comisión Federal de Comercio, un cargo que require a confirmación do Senado.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lina Khan de pais paquistanís, trasladouse con eles aos Estados Unidos cando tiña 11 anos. Graduouse no Williams College en 2010, onde escribiu a súa tese sobre Hannah Arendt. Tamén foi editora do xornal estudantil de Williams. Despois de graduarse, foi traballar á New America Foundation, onde realizou investigacións antimonopolio e escribiu para o Programa de Mercados Abertos. En 2017 licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito de Yale, onde foi editora da revista Yale Journal on Regulation.[4]

O paradoxo antimonopolio de Amazon

[editar | editar a fonte]

Sendo aínda estudante de Dereito na Universidade Yale, converteuse nunha figura pública en 2017 cando o seu artigo no Yale Law Journal, "Amazon's Antitrust Paradox", tivo un impacto significativo nos círculos xurídicos e empresariais estadounidenses. O New York Times describiuno como "unha reformulación de décadas de dereito dos monopolios".[4]

Dende o seu posto como directora da Comisión Federal de Comercio dos EE.UU. defende os intereses das persoas consumidoras e loita contra o monopolio das tecnolóxicas.[5] [6]

  1. ↑ "Biden to nominate tech antitrust pioneer Lina Khan for FTC commissioner" (en inglés). 22 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
  2. ↑ "President Biden Announces his Intent to Nominate Lina Khan for Commissioner of the Federal Trade Commission". 22 de marzo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
  3. ↑ "Esta genio de Yale es la única persona en el mundo que sabe cómo derrotar a Amazon". www.elconfidencial.com (en castelán). 2021-03-22. Consultado o 2021-03-27.
  4. 1 2 "Amazon’s Antitrust Antagonist Has a Breakthrough Idea" (en inglés). 7 de setembro de 2018. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de setembro de 2018.
  5. ↑ Llaneza, Paloma (2023-03-06). "Lina Khan, la piedra en el zapato de las tecnológicas". El País (en castelán). Consultado o 2023-10-14.
  6. ↑ Seisdedos, Iker (2023-10-14). "Lina Khan, la abogada milenial a la que llaman “radical” por enfrentarse a Amazon". El País (en castelán). Consultado o 2023-10-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]