Limodoro de esporón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limodoro de esporón

Limodorum abortivum en Mallorca (España)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Epidendroideae
Tribo: Neottieae
Subtribo: Limodorinae
Xénero: Limodorum
Especie: ''L. abortivum''
Nome binomial
'Limodorum abortivum'
(L.) Sw.

O limodoro de esporón, Limodorum abortivum,[1] é unha planta da familia das orquidáceas.

Ilustración.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta micoheterótrofa, violeta de talo robusto de 40-80 cm, con numerosas escamas abaixo, que saen dun rizoma densamente cuberto de raíces grosas. Espiga floral de até 30 cm de longo, con moitas flores violeta moi rechamantes. Segmentos periánticos até 2 cm estendidos; lábelo triangular de marxe ondulada, amarelo ou violeta; esporón delgado, cilíndrico, de até 1,5 cm. Florece na primavera e verán.[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Bosques nas montañas, maleza, pradarías umbrosas.

Distribución[editar | editar a fonte]

En centro e sur de Europa.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Limodorum abortivum foi descrita por (Linneo) Sw. e publicada en Nova Acta Regiae Societatis Scientiarum Upsaliensis 6: 80. 1799.[3]

Citoloxía

O número cromosómico somático é de: 2 n = 56.[4]

Etimoloxía

Limodorum: nome xenérico que provén do nome grego haimodoron, dado por Teofrasto a unha planta parásita de flores vermellas, probablemente unha de Orobanche.

abortivum: epíteto latino que significa "abortivo, incompleto".[5]

Sinonimia
  • Centrosis abortiva Sw. 1814
  • Epipactis abortiva All. 1785
  • Ionorchis abortiva (L.) Beck 1890
  • Jonorchis abortiva Beck 1890
  • Limodorum generale E.H.L.Krause 1905
  • Limodorum sphaerochilos Spreng. 1827
  • Limodorum sphaerolabium Viv. 1825
  • Neottia abortiva Clairv. 1811
  • Orchis abortiva L. 1753
  • Serapias abortiva Scop. 1772[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Polunin, O. (1989). Guía fotográfica de las flores silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3. 
  3. "Limodorum abortivum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  4. "Limodorum abortivum". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 10 de febreiro de 2010. 
  5. En orchidstudium
  6. Sinónimos en Orchidspecies