Mazarico escolopáceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Limnodromus scolopaceus")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mazarico escolopáceo
Limnodromus scolopaceus Mike Baird crop.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Limnodromus
Especie: Limnodromus scolopaceus
(Say, 1823)
Área de reprodución (laranxa), área de migración (amarela), área non reprodutora (azul)

Área de reprodución (laranxa), área de migración (amarela), área non reprodutora (azul)
Sinonimia
  • Limosa scolopacea Say, 1823

O mazarico escolopáceo ou becacina escolopácea (Limnodromus scolopaceus) é unha especie de ave limícola de mediano tamaño. O nome do xénero Limnodromus procede do grego antigo limne, 'marisma' e dromos, 'corredor'. O nome específico, scolopaceus, é de orixe neolatina, que significa 'similar á becacina', de scolopax, scolopacis.[2]

Os adultos teñen patas amareladas e un peteiro longo e escuro. O seu corpo é marrón escuro na parte superior e avermellado na inferior coa gorxa e peito con pintas e barras nos flancos. A cola ten un patrón barrado negro e branco. A plumaxe de inverno de adultos e xuvenís é predominantemente gris.

O seu hábitat reprodutor é a tundra húmida do norte distante de Norteamérica e do leste de Siberia. Aniñan no chan, xeralmente preto da auga.

Migran ao sur de Estados Unidos e chegan polo sur ata América Central. O mazarico escolopáceo é un raro visitante de Europa occidental, e algúns individuos permanecen en Europa durante longos períodos. Pode verse en Galicia como ave accidental moi rara.

Aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco profundas e na lama. Comen principalmente insectos, molusocs, crustáceos e vermes mariños e algúns vexetais.

É máis probable velo preto de zonas de auga doce que o seu conxénere o mazarico cincento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Limnodromus scolopaceus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 227, 351. ISBN 978-1-4081-2501-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.