Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina 2008-2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga Nacional de Hockey Hielo Femenina 2008-2009
TipoLiga Nacional de Hockey Hielo Femenina Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Española de Deportes de Hielo Editar o valor em Wikidata
Número de participantes5 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Período de tempotempada 2008-2009 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo18 de outubro de 2008 – 21 de febreiro de 2009 Editar o valor em Wikidata
Número de edición1 Editar o valor em Wikidata


A tempada 2008-2009 da Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina foi a primeira edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo en categoría feminina en España. A competición disputouse entre os meses de outubro de 2008 e febreiro de 2009 e tomaron parte na mesma un total de cinco equipos. Ao finalizar a liga o equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo de gañar todos os partidos.

Equipos[editar | editar a fonte]

Se ben inicialmente o campionato ía contar con catro clubs (Afer Gasteiz, SAD Majadahonda, Aramón Jaca e CG Puigcerdà) que organizarían cada un deles un torneo, logo da terceira xornada uníronse as Panteras de Valladolid, un equipo que procedía do hóckey liña.[1]

Todos os equipos pertencían a distintas comunidades autónomas, estando representadas Aragón, Castela e León, Cataluña, a Comunidade de Madrid e o País Vasco.

Nome Cidade
Afer Gasteiz Vitoria
SAD Majadahonda Majadahonda
Aramón Jaca Jaca
Valladolid Panteras Valladolid
CG Puigcerdà Puigcerdà

Liga regular[editar | editar a fonte]

Clasificación

O equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo da liga regular logo de gañar os seus 10 partidos e conseguir un total de 30 puntos. O equipo castelán-leonés foi ademais o equipo máis goleador con 94 goles (29 goles máis que o SAD Majadahonda, segundo máximo goleador) e o menos goleado con tan só sete goles en contra, para unha diferenza de goles de +87.[1]

Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Valladolid Panteras 10 10 0 0 94 7 +87 30
2 Afer Gasteiz 10 6 0 4 63 44 +19 18
3 SAD Majadahonda 10 5 0 5 65 38 +27 15
4 CG Puigcerdà 10 3 0 7 23 61 -38 9
5 Aramón Jaca 10 1 0 9 20 115 -95 3
Torneos

A primeira xornada disputouse entre os días 18 e 19 de outubro de 2008 en Majadahonda cos seguintes catro enfrontamentos:[1]

Local Marcador Visitante Parciais
Jaca 2-26 Gasteiz (1-17, 1-6, 0-13)
Majadahonda 9-4 Gasteiz (5-3, 2-1, 2-0)
Jaca 4-6 Puigcerdà (1-1, 1-2, 2-3)
Majadahonda 10-1 Puigcerdà (3-0, 5-1, 2-0)

Entre os días 1 e 2 de novembro de 2008 disputouse a segunda xornada en Puigcerdà, no que se disputaron catro novos enfrontamentos:[1]

Local Marcador Visitante Parciais
Gasteiz 5-2 Majadahonda (1-2, 1-0, 3-0)
Puigcerdà 0-10 Gasteiz (0-2, 0-2, 0-6)
Majadahonda 13-1 Jaca (4-0, 4-1, 5-0)
Puigcerdà 11-3 Jaca (4-0, 3-2, 4-1)

A terceira xornada disputouse en Vitoria entre os días 29 e 30 de novembro de 2008 cos seguintes resultados:[1]

Local Marcador Visitante Parciais
Jaca 0-23 Majadahonda (0-6, 0-11, 1-6)
Gasteiz 5-2 Jaca (4-0, 0-1, 1-1)
Puigcerdà 0-4 Majadahonda (0-1, 0-1, 0-2)
Gasteiz 4-2 Puigcerdà (1-1, 2-0, 1-1)

Logo da terceira xornalda as Valladolid Panteras uníronse á competición, disputando catro partidos no mes de xaneiro de 2009:[1]

Data Local Marcador Visitante Parciais
03/01/2009 Gasteiz 1-11 Valladolid (0-4, 1-4, 0-3)
04/01/2009 Gasteiz 1-9 Valladolid (0-2, 0-5, 1-2)
10/01/2009 Puigcerdà 0-9 Valladolid (0-6, 0-2, 0-1)
11/01/2009 Puigcerdà 0-10 Valladolid (0-4, 0-3, 0-3)

Jaca acolleu a cuarta xornada os días 7 e 8 de febreiro de 2009. Se ben se disputaron cinco partidos, o enfrontamento entre o equipo local e o Majadahonda durou 33 minutos e 46 segundos en lugar dos 45 minutos previstos a causa da falta de tempo de xeo. Os resultados foron os seguintes:[1]

Local Marcador Visitante
Gasteiz 7-0 Puigcerdà
Valladolid 4-0 Majadahonda
Jaca 0-3 Puigcerdà
Valladolid 7-0 Gasteiz
Jaca 5-1 Majadahonda

Logo da cuarta xornada o equipo de Valladolid tivo que xogar dous encontros fronte o Majadahonda os días 14 e 15 de febreiro, e outros dous contra o Jaca o día 21 de febreiro. As castelán-leonesas gañaron os catro encontros:[1]

Data Local Marcador Visitante Parciais
14/02/2009 Majadahonda 2-5 Valladolid (1-3, 1-2, 0-0)
15/02/2009 Majadahonda 1-12 Valladolid (0-6, 1-4, 0-2)
21/02/2009 Jaca 1-11 Valladolid (0-5, 1-4, 0-2)
21/02/2009 Jaca 1-16 Valladolid (1-4, 0-6, 0-6)

Anotadoras[editar | editar a fonte]

Ao final da competición Alejandra Rodríguez, das Valladolid Panteras, foi a máxima anotadora da liga con 35 puntos (20+15). A máxima goleadora foi María Guerra, do SAD Majadahonda, mentres que Lucía Ruiz dominou a estatística de asistencias con 17.[1]

Xogadora Equipo  G   A  Pts
Alejandra Rodríguez Valladolid Panteras 20 15 35
María Guerra SAD Majadahonda 24 5 29
Leticia Abrisqueta Afer Gasteiz 22 3 25
Lucía Ruiz Valladolid Panteras 8 17 25
Ainhoa Merino SAD Majadahonda 21 3 24

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Championnat d'Espagne féminin 2008/09" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 14 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]