Lido Pimienta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLido Pimienta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Barranquilla, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónH. B. Beal Secondary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , produtora musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblidopimienta.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: Lido.Pimienta.Musica Twitter: LidoPimienta Instagram: lidopimienta MySpace: lidopimienta Youtube: UCPfz16ao-2v68HDN3weu9Jg Bandcamp: lidopimientaSouncloud: lido-pimienta Spotify: 1IdkKQ9CM1i0wygfxYV4Z3 iTunes: 389475023 Last fm: Lido+Pimienta Musicbrainz: 9fb537ca-9145-4855-8a18-17b20339f1fc Songkick: 4396843 Discogs: 1589532 Allmusic: mn0002828531 Deezer: 793439 Editar o valor em Wikidata

Lido Pimienta, nada en Barranquilla en 1986 é unha cantante e compositora colombiana canadense.[1] Acadou recoñecemento tralo seu álbum de 2016 La Papessa, co cal gañou o Premio Polaris no ano 2017.[2] A súa música mestura unha gran variedade de elementos, incluíndo estilos musicais indíxenas e afrocolombianos, xunto con synthpop e música electrónica.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Originaria de Barranquilla, Colombia,[4] Lido trasladouse ao Canadá, mudándose a London, Ontario[5] antes de trasladarse definitivamente a Toronto, onde vive no presente.[4] O seu pai faleceu cando ela tiña só seis anos.[5]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pimienta lanzou o seu primeiro álbum, Color, en 2010.[6] O disco foi producido por Michael Ramey, o daquela esposo de Pimienta[7] e foi publicado pola discográfica estadounidense KUDETA.[7] Trala separación da parella, Pimienta cursou estudos en crítica de arte, ademais de prepararse en produción musical antes de lanzar o seu segundo álbum, La Papessa en 2016.[3] Ese mesmo ano colaborou co dúo de música electrónica A Tribe Called Red en varias cancións do álbum We Are the Halluci Nation.[8]

Tralo lanzamento de La Papessa, producido pola propia Lido Pimienta, gañou o premio de 50 mil dólares nos Premios Polaris 2017,[2] un dos galardóns máis importantes na industria musical canadense.[5] O xornal The Globe and Mail referiuse a Lido como "o futuro do rock and roll canadense" e nomeouna "a artista do ano".[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pimienta identifícase como queer.[9] Ten ascendencia afrocolombiana e wayuu.[3] É nai solteira.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Color (2010)
  • La Papessa (2016)
  • Miss Colombia (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "How Lido Pimienta found freedom in music". Q, 2 de febreiro de 2017.
  2. 2,0 2,1 "Lido Pimienta Wins 2017 Polaris Music Prize", Exclaim!, 18 de setembro de 2017.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Meet Lido Pimienta, The Art Pop Warrior of the Latinx Underground". The Fader, 31 de outubro de 2016.
  4. 4,0 4,1 "Lido Pimienta Takes Control". Noisey, 21 de marzo de 2014.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "The Globe’s artist of the year: Lido Pimienta". Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  6. "Lido Pimienta en su exploración de género, raza, maternidad e inmigración". Univisión, 5 de novembro de 2016.
  7. 7,0 7,1 "Lido Pimienta is done with your ideas of “world music”" Arquivado 07 de maio de 2018 en Wayback Machine.. Chart Attack, 29 de xaneiro de 2017.
  8. "Innovative DJ trio willing to stand up; A Tribe Called Red's new album described as a 'lightning rod'". Montreal Gazette, 15 de decembro de 2016.
  9. "What It’s Like to be Queer and Latinx During Pride" Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine.. Torontoist, 30 de xulo de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]