Liberdade de expresión
Liberdade de expresión é o dereito de calquera individuo a manifestar, libremente, opinións, ideas e pensamentos persoais sen medo de represión ou censura por parte do goberno ou doutros membros da sociedade.[1] [2] [3] [4] É un concepto fundamental nas democracias modernas nas cales a censura non ten apoio moral.[5] A liberdade de expresión é un dereito humano, protexido pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de 1948, e polas constitucións de varios países democráticos.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]A maioría dos ideais políticos modernos como a xustiza, a liberdade e o goberno constitucional, xurdiron na Grecia antiga.[7] Foron os gregos os pioneiros en lanzar as sementes da idea democrática, e entre os valores da República Romana incluíanse a liberdade de expresión e a liberdade de relixión.[8]
O concepto de liberdade de expresión pode atoparse nos primeiros documentos dos dereitos humanos.[9] Na Declaración de Dereitos de 1689 de Inglaterra establécese legalmente o dereito á 'liberdade de expresión no Parlamento', que aínda se mantén.[10] A Declaración dos dereitos do home e do cidadán, adoptada durante a Revolución Francesa de 1789, afirmou especialmente a liberdade de expresión como un dereito inalienable.[9] A Declaración no seu Artigo 11, di que:
"A libre comunicación dos pensamentos e opinións é un dos máis valiosos dereitos do home. Todo ciudadán pode falar, escribir e publicar libremente, agás cando teña que responder do abuso desta liberdade nos casos determinados pola lei".[11]
O Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada en 1948, di que:
"Todo ser humano ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe a liberdade de, sen interferencia, ter opinións e de procurar, reciber e transmitir informacións e ideas por calquera medio e independentemente de fronteiras".[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mill, John Stuart (1859). "Introductory". On Liberty (4th ed.). Londres: Longman, Roberts & Green (publicado o 1869). para. 5.
Society can and does execute its own mandates ... it practises a social tyranny more formidable than many kinds of political oppression, since, though not usually upheld by such extreme penalties, it leaves fewer means of escape, penetrating much more deeply into the details of life, and enslaving the soul itself. Protection, therefore, against the tyranny of the magistrate is not enough...
- ↑ Mill, John Stuart (1859). "Of the Liberty of Thought and Discussion". On Liberty (4th ed.). Londres: Longman, Roberts & Green (publicado o 1869). para. 19.
In respect to all persons but those whose pecuniary circumstances make them independent of the good will of other people, opinion, on this subject, is as efficacious as law; men might as well be imprisoned, as excluded from the means of earning their bread.
- ↑ Ten Cate, Irene M. (2010). "Speech, Truth, and Freedom: An Examination of John Stuart Mill's and Justice Oliver Wendell Holmes's Free Speech Defenses". Yale Journal of Law & the Humanities 22 (1). Article 2.
[A] central argument for freedom of speech in On Liberty is that in order to maximize the benefits a society can gain ... it must permanently commit to restraining dominant groups from their natural inclination to demand conformity.
- ↑ Wragg, Paul (2015). "Free Speech Rights at Work: Resolving the Differences between Practice and Liberal Principle" (PDF). Industrial Law Journal (Oxford University Press) 44 (1): 11. (require subscrición (?)).
Comparison may be made between Mill's ‘tyrannical majority’ and the employer who dismisses an employee for expression that it dislikes on moral grounds. The protection of employer action in these circumstances evokes Mill's concern about state tolerance of coercive means to ensure conformity with orthodox moral viewpoints and so nullify unorthodox ones.
- ↑ CABRAL, Bruno Fontenele. “Freedom of speech”. Consideracións sobre a liberdade de expresión e de imprenta no dereito norteamericano. Jus Navigandi, Teresina, ano 15, n. 2640, 23 set. 2010. Dispoñíbel en: <https://jus.com.br/artigos/17476/freedom-of-speech>. Acesso o: 16 ago. 2013.
- ↑ "Concepto de liberdade de expresión — Conceito.de". Conceito.de. Consultado o 8 de outubro de 2015.
- ↑ Raaflaub, Kurt; Ober, Josiah; Wallace, Robert (2007). Origins of democracy in ancient Greece. University of California Press. p. 65. ISBN 0-520-24562-8.
- ↑ M. P. Charlesworth (marzo de 1943). "Freedom of Speech in Republican Rome". The Classical Review (The Classical Association) 57 (1): 49. doi:10.1017/s0009840x00311283. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 Smith, David (5 de febreiro de 2006). The Guardian, ed. "Timeline: a history of free speech". Londres. Consultado o 2 de maio de 2010.
- ↑ Williams, E. N. (1960). The Eighteenth-Century Constitution. 1688–1815. Cambridge University Press. pp. 26–29. OCLC 1146699.
- ↑ Arthur W. Diamond Law Library at Columbia Law School (26 de marzo de 2008). Hrcr.org, ed. "Declaration of the Rights of Man and of the Citizen". www.hrcr.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2013. Consultado o 25 de xuño de 2013.
- ↑ Nacións Unidas (10 de setembro de 1948). "The Universal Declaration of Human Rights". UN.org (www.un.org). Consultado o 25 de xuño de 2013.