Liam Cunningham
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xuño de 1961 East Wall |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de teatro, actor de cinema, produtor de cinema, director de cinema, actor de televisión |
| Período de actividade | 1992 |
| Participou en | |
| 8 de setembro de 2025 | Film Workers Pledge to End Complicity (en) |
Liam Cunningham, nado o 2 de xuño de 1961 en Dublín, é un actor e director de cinema irlandés. Apareceu un numerosos proxectos de cinema e televisión entre os que se inclúen A princesiña, First Knight e Jude.
Biografía
[editar | editar a fonte]Cunningham naceu no East Wall, que é unha área do centro da Northside de Dublín. Medrou no seo dunha familia católica e ten tres irmás e un irmán. Deixou a escola con quince anos e traballou durante algún tempo como electricista. Na década de 1980, mudouse a Zimbabwe onde estivo durante tres anos traballando no mantemento do equipo eléctrico nun parque de safari. Despois de regresar a Irlanda, Cunningham mostrouse insatisfeito co seu traballo como electricista e decidiu perseguir o seu soño de actuar. Asistiu a clases de actuación e comezou a traballar no teatro local.
Actualmente, Cunningham vive en Dublín coa súa muller Colette, a súa filla Ellen e os seus fillos varóns Liam Jr. e Sean.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu debut no cinema chegou da man do filme Into the West. A súa aparición na pantalla continuou con papeis en War of the Buttons, A princesiña, Cracker-Best Boys e First Knight. O papel que cambiou a súa traxectoria foi como Phillotson no filme Jude. Continuou con pequenos papeis en Police 2020, Falling for a Dancer, Shooting the Past, When the Sky Falls e Revelation.
Porén, acadou fama internacional co seu papel como Capitán Ryan no filme de terror Dog Soldiers. Dende entón, protagonizou numerosos filmes americanos e británicos de grande orzamento entre os que se inclúen The League of Gentlemen's Apocalypse, O vento que axita o orxo, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, Hunger, Furia de titáns e Centurion.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2012 | Safe House | Alec Wade | |
| Game of Thrones | Davos Seaworth | Serie de televisión, HBO (US) | |
| Titanic: Blood and Steel | Jim Larkin | Serie de televisión, BBC (UK) | |
| 2011 | War Horse | Doutor do exército | |
| Strike Back: Project Dawn | Daniel Connelly | Serie de televisión, Sky One (UK) / Cinemax (US) | |
| Camelot | Colfur | Serie de televisión, Estados Unidos | |
| Black Butterflies | Jack Cope | Filme dos Países Baixos | |
| Outcasts | Presidente Richard Tate | Serie de televisión, BBC Reino Unido | |
| The Guard | Francis Sheehy | Filme de Irlanda | |
| 2010 | The Whistleblower | Bill Hynes | Filme dos Estados Unidos |
| Furia de titáns | Solon | Filme dos Estados Unidos | |
| Centurion | Brick | Filme de Reino Unidos | |
| 2009 | Harry Brown | Sid Rourke | Filme do Reino Unido |
| Perrier's Bounty | O Mutt | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| The Street | Tom Miller | Serie de televisión, BBC, Reino Unido | |
| The Tournament | Powers | Filme do Reino Unido | |
| Blood: The Last Vampire | Michael Harrison | Filme de Hong Kong, China e Francia | |
| 2008 | The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor | Dog Maguire | Filme dos Estados Unidos, China e Alemaña |
| Paris Noir | Douglas | Filme de Irlanda | |
| Hunger | Father Dominic Moran | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| The Escapist | Brodie | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| Atlantic | Granxeiro | Curtametraxe de Irlanda | |
| 2007 | Anner House | Neil Barry | Filme de televisión. Irlanda |
| Northanger Abbey | Xeneral Tilney | Filme de televisión, Reino Unido | |
| The Wild West | Wyatt Earp | Miniseries, BBC Reino Unido | |
| 2006 | Afterlife | Jonathan | Serie de televisión, Reino Unido |
| Murphy's Law | Drew Johnstone | Serie de televisión BBC Reino Unido | |
| Showbands II | Tony Golden | Filme de televisión, Irlanda | |
| Last Night | Frank | Curtametraxe de Irlanda | |
| O vento que axita o orxo | Dan | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| Hotel Babylon | Adrian McBride | Serie de televisión, BBC Reino Unido | |
| 2005 | The Clinic | Malcolm Keown | Serie de televisión, Irlanda |
| Breakfast on Pluto | Primeiro ciclista | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| The League of Gentlemen's Apocalypse | Director | Filme do Reino Unido, Irlanda e os Estados Unidos | |
| Showbands | Tony Golden | Filme de televisión, Irlanda | |
| 2004 | Screwback | Harry | Curtametraxe de Irlanda |
| Messiah: The Promise | Pace Tierney | Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido | |
| The Card Player | John Brennan | Filme de Italia | |
| 2003 | The Crooked Man | Hamilton | Filme de televisión, Reino Unido |
| Prime Suspect 6: The Last Witness | Robert West | Filme de televisión, Reino Unido | |
| Final Demand | David Milner | Filme de televisión, Reino Unido | |
| 2002 | Shadow Man | Curtametraxe do Reino Unido | |
| The Abduction Club | John Power | Filme de Irlanda e o Reino Unido | |
| Dog Soldiers | Capitán Richard Ryan | Filme do Reino Unido e Luxemburgo | |
| Stranded | David Robinson | Filme de televisión, Estados Unidos | |
| Mystics | Sean Foley | Filme de Irlanda | |
| 2001 | Superintendent Winter | MacDonald | Serie de televisión, Suecia |
| The Island of the Mapmaker's Wife | John Wyndham | Filme do Reino Unido e os Países Baixos | |
| Revelation | Pai Ray Connolly | Filme do Reino Unido | |
| Atila o huno | Teodorico I | Miniserie dos Estados Unidos | |
| Rebel Heart | Michael Malone | Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido | |
| 2000 | A Likeness in Stone | Bill Armstrong | Filme de televisión, BBC, Reino Unido |
| The Second Death | James Mangan | Curtametraxe de Irlanda | |
| When the Sky Falls | John Cosgrave | Filme de Irlanda, Reino Unido e os Estados Unidos | |
| 1999 | RKO 281 | Gregg Toland | Filme dos Estados Unidos |
| A Love Divided | Sean Cloney | Filme de televisión, Irlanda | |
| Too Rich: The Secret Life of Doris Duke | Alec Cunningham-Reid | Miniserie de televisión, CBS Estados Unidos | |
| Shooting the Past | Christopher Anderson | Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido | |
| 1998 | Falling for a Dancer | Mossie Sheehan | Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido |
| The Tale of Sweety Barrett | Detective Bone | Filme de Irlanda e Islandia | |
| 1997 | The Life of Stuff | Alex Sneddon | Filme do Reino Unido |
| Police 2020 | DCI Billy O'Connell | Filme de televisión, Reino Unido | |
| The Doherty Brothers | Connor Doherty | Curtametraxe do Reino Unido | |
| 1996 | Jude | Phillotson | Filme do Reino Unido |
| 1995 | Cracker | Stuart Grady | Serie de televisión, Reino Unido |
| First Knight | Sir Agravain | Filme dos Estados Unidos | |
| A princesiña | Capitán Crewe / Príncipe Rama | Filme dos Estados Unidos | |
| 1994-1995 | Roughnecks | Chris | Serie de televisión, BBC, Reino Unido |
| 1994 | War of the Buttons | O mestre | Filme de Irlanda |
| Undercurrent | Greg Laughton | Filme de Irlanda | |
| 1993 | The Sea | Curtametraxe do Reino Unido | |
| Poor Beast in the Rain | Danger Doyle | Filme de televisón, BBC, Reino Unido | |
| A Handful of Stars | Stapler | Filme de televisón, BBC, Reino Unido | |
| 1992 | Into the West | Policía | Filme de Irlanda |
| Public Toilet | Curtametraxe de Irlanda | ||
| Heaven Only Knows | Paul Clarke | Curtametraxe de Irlanda |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liam Cunningham |