Saltar ao contido

Liñaceiro de bico amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liñaceiro de bico amarelo
 Nome taxon
    Linaria flavirostris
 Nome curto
    L. flavirostris (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaFringillidae
XéneroLinaria
EspecieLinaria flavirostris Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Linaria flavirostris Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   1,37 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   23 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01_9t_ Editar o valor en Wikidata
ITIS997850 Editar o valor en Wikidata
OTT6379 Editar o valor en Wikidata
UICN22720438 Editar o valor en Wikidata
CoL6QGKV Editar o valor en Wikidata
EOL45515891 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Ovos desta especie da colección do Museo de Historia Natural de Tolosa (MHNT)

O liñaceiro de bico amarelo[1][2] (Linaria flavirostris, antes Carduelis flavirostris) é un pequeno paseriforme marrón da familia dos pimpíns (Fringillidae).

Descrición

[editar | editar a fonte]

É similar en tamaño ao liñaceiro común, de 13 a 13,5 cm de longo. Carece da mancha vermella na cabeza e peito que teñen o liñaceiro común e os Acanthis (como o liñaceiro paponegro). Ten manchas brancas coa parte superior negra e unha rabadilla rosa. As partes inferiores son de beixes a brancas, con manchas lineares marróns. O bico cónico é amarelo en inverno e gris en verán. A chamada é un distintivo chío e a súa canción comprende rápidos trilos e chíos.[3] Poden formar grandes bandadas fóra da estación reprodutora, ás veces mesturados con outros pimpíns nas costas e marismas salinas. Aliméntanse principalmente de sementes.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese no norte de Europa e a través de Asia central. En Galicia é unha ave accidental.[4] Os páramos sen árbores son os seus terreos preferidos para reproducirse. Constrúe o seu niño nun arbusto e pon 5 ou 6  ovos azuis claros.[5] É parcialmente residente, pero moitos migran máis ao sur, ou trasládanse ás costas.[6] Diminuíu abruptamente en partes da súa área, notablemente en Irlanda.[7] En Gran Bretaña están en marcha varios proxectos de investigación sobre a especie nos Peninos, as Terras Altas de Escocia e no norte de Gales. Reprodúcese tamén en Noruega.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

En 1758 o naturalista sueco Carl von Linné incluíu a este liñaceiro na súa 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binmial Fringilla flavirostris.[8][9] O nome do xénero, Linaria é a palabra latina que significa 'tecedor de liño', de linum, 'liño' e flavirostris significa 'de bico amarelo'.[10] O liñaceiro bicoamarelo e o estreitamente relacionado liñaceiro común estaban antes situados no xénero Carduelis pero foron trasladados ao xénero separado Linaria baseándose nunha análise filoxenética de secuencias de ADN mitocondrial e ADN nuclear.[11][12]

Recoñécense 10 subespecies:[11]

  • L. f. bensonorum (Meinertzhagen, R, 1934) - Nas Hébridas Exteriores ao oeste de Escocia (ás veces incluída en pipilans).[13]
  • L. f. pipilans (Latham, 1787) - En Irlanda do Norte e norte de Gran Bretaña.
  • L. f. flavirostris (Linnaeus, 1758) - No norte de Escandinavia e noroeste de Rusia.
  • L. f. brevirostris (Bonaparte, 1855) - En Turquía, o Cáucaso e norte de Irán.
  • L. f. kirghizorum (Sushkin, 1925) - No norte e centro de Kazakhstán.
  • L. f. korejevi (Zarudny & Harms, 1914) - No noroeste de Kazakhstán ata o noroeste da China.
  • L. f. altaica (Sushkin, 1925) - No suroeste de Siberia, norte e oeste de Mongolia.
  • L. f. montanella (Hume, 1873) - De Kirguizistán ao oeste da China.
  • L. f. pamirensis (Zarudny & Harms, 1914) - De Tadjiikistán, norte de Afganistán e noroeste de Paquistán (ás veces incluído en montanella).[13]
  • L. f. miniakensis (Jacobi, A, 1923) - No leste do Tíbet e oeste da China.
  • L. f. rufostrigata (Walton, 1905) - No oeste e sur do Tíbet, norte da India e norte do Nepal.
  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  2. ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. ↑ Clement, Harris & Davis 1993, pp. 246–247
  4. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. ↑ Perrins 1987, p. 196
  6. ↑ Newton 1973
  7. ↑ BirdWatch.Ireland. "Irish Twite danger". BirdLife Europe. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2014.
  8. ↑ Paynter, Raymond A. Jnr., ed. (1968). Check-list of birds of the world, Volume 14. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 253.
  9. ↑ Linnaeus, C. (1766). Systema Naturæ per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Volume 1 (en Latin) (10th ed.). Holmiae:Laurentii Salvii. p. 182.
  10. ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. pp. 161, 227. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  11. 1 2 Gill, Frank; Donsker, David (eds.). "Finches, euphonias". World Bird List Version 5.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 5 June 2015.
  12. ↑ Zuccon, Dario; Prŷs-Jones, Robert; Rasmussen, Pamela C.; Ericson, Per G.P. (2012). "The phylogenetic relationships and generic limits of finches (Fringillidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (2): 581–596. PMID 22023825. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  13. 1 2 Clement, P. "Twite (Carduelis flavirostris)". En del Hoyo, J; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E. Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 6 June 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]