Lexitimidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Lexitimidade é o termo utilizado en Teoría Xeral do Dereito, en Ciencia Política e en Filosofía para definir a calidade de ser conforme a un mandato legal, á Xustiza, á Razón ou a calquera outro mandato ético-legal[1]. O proceso mediante o cal alguén obtén lexitimidade denomínase lexitimizar.

Características[editar | editar a fonte]

En Ciencia Política é concepto co cal se xulga a capacidade dun determinado poder para conseguir obediencia sen necesidade de recorrer á coacción que supón a ameaza da forza, de tal forma que un Estado é lexítimo se existe un consenso entre os membros da comunidade política para aceptar a autoridade vixente. Neste sentido o termo ten as súas orixes no dereito privado sucesório e xorde vinculado á política en relación á restauración monárquica despois da Revolución Francesa. Este chamamento inicial a criterios tradicionais como xustificación ética do exercicio persoal do poder é aceptado por Max Weber como un dos tres tipos de lexitimidade, en conxunto coa lexitimación carismática (os subordinados aceptan o poder con base na santidade, heroísmo o exemplaridade de quen o exerce) e a lexitimación racional (os subordinados aceptan o poder con base a motivacións obxectivas e impersoais), converténdoa practicamente en sinónimo de legalidade[2].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Legítimo, RAE.
  2. Ignacio Molina, Conceptos fundamentales de Ciencia Política, Alianza Editorial. ISBN 84-206-8653-0.