Leticia, Colombia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Amazonas | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.450 (2005) (8,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.695 km² | ||||
Bañado por | Amazonas | ||||
Altitude | 96 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1867 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | leticia-amazonas.gov.co |
Leticia é un concello colombiano que se atopa no extremo sur do país. É a capital do departamento do Amazonas. Ten unha superficie de 5 968 km²[1] e unha poboación de 42 280 habitantes (2018),[1][2][3] Malia estar arredada dos principais centros urbanos do país, sen comunicación por estrada, constitúe un nexo comercial importante co Brasil, debido á súa situación de cidade limítrofe sobre o río Amazonas e formando o trifinio coñecido como Tres Fronteiras co Perú e o Brasil.
Reúne case o 60% da poboación do departamento e a maior parte é indíxena de diversas comunidades como: os witotos, ingas, tucanos, ticunas e nukak. A cidade ten un gran crecemento demográfico e tecnicamente forma unha soa cidade xunto co concello brasileiro de Tabatinga.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Leticia é un porto, chamado así polo transporte que se realiza a través de ríos, isto é común en Colombia que posúe unha rede fluvial de 24 725 km. Foi fundada como porto fluvial o 25 de abril de 1867 cando aínda pertencía ó Perú, e nun comezo chamouse San Antonio, nomeada así polo capitán peruano Benigno Bustamante, quen era Gobernador de Loreto (Perú). O 15 de decembro dese ano o porto cambiou de nome a Leticia, polo enxeñeiro Manuel Charón, na honra a Leticia Smith, a súa esposa. Este enxeñeiro era moi coñecido e importante na localidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Información general de Leticia". Alcaldía municipal. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-1020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ Población de Leticia, DANE, resultados oficiales del censo 2005, última consulta o 24 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)