Os nukak (tamén coñecidos como nukak-makú) son un pobo indíxena de Colombia que habita entre os ríos Guaviare e Inírida, nas profundidades da selva tropical húmida. O seu territorio atópase no bordo da bacía do río Amazonas, no departamento de Guaviare. Son cazadores-recolectores nómades con patróns estacionais que ademais practican unha horticultura cambiante en pequena escala. Foron un "pobo non contactado" até o ano 1981,[1] e dende entón perderon a metade da súa poboación, principalmente por mor das enfermidades.[2] Parte do seu territorio foi ocupado e utilizado por cocaleiros, rancheiros e outros colonos, así como polas guerrillas, o exército e os paramilitares. A resposta perante esta crise inclúe protestas, solicitudes de asimilación e o suicidio do líder Maw-be'.[2] Arredor de 210–250 viven no asentamento provisional de San José del Guaviare, mentres que outros tantos viven de xeito nómade na Reserva Nukak (Resguardo).
↑Hammer, Joshua (marzo de 2013). Smithsonian Magazine, ed. "The Lost Tribes of the Amazon". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2013.