Saltar ao contido

Puerto Arica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPuerto Arica

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°08′53″S 71°45′12″O / -2.1481, -71.7533
EstadoColombia
DepartamentosAmazonas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.343 (2005) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude96 m Editar o valor en Wikidata

Puerto Arica é unha vila e concello do departamento de Amazonas, en Colombia. No 2015, tiña unha poboación de 1 350 habitantes.[1][2] Limita polo norte co correxemento de Puerto Santander, polo sur coa República do Perú, polo oeste con La Chorrera e El Encanto, e polo leste con La Pedrera e Tarapacá.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

O nome foille dado na honra da cidade de Arica, perdida polo Perú durante a guerra do Pacífico contra Chile. Cidadáns peruanos procedentes desa zona (colonizadores ariqueños, tarapaqueños e tacneños), fundaron unha localidade que, na honra desta cidade sureña, se chamou Puerto Arica. Trala sinatura do tratado Salomón-Lozano,[3][4] a localidade quedou baixo soberanía colombiana. Os poboadores ariqueños peruanos fundaron outro Puerto Arica á beira do río Napo, lugar que máis adiante serviría de base para os peruanos durante a guerra peruano-ecuatoriana.

  1. "Puerto Arica". Gobernación do Amazonas. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. Porras Barrenechea, Raúl. Historia de los límites del Perú (PDF). Librería Francesa Científica y Casa Editorial E. Rosay. p. 79-80. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de novembro de 2014. 
  4. Núñez Atencio, Lautaro y Maldonado Prieto, Carlos (2005). Reseña bibliográfica: El Dios Cautivo. Las Ligas Patrióticas en la chilenización compulsiva de Tarapacá (1910-1922), Sergio González Miranda, LOM Ediciones, Santiago, 2004 37. Chungará (Arica), Universidade de Tarapacá. ISSN 0717-7356 [1]. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]