Lesma de mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lesmas de mar
Nudibranquios
Nudibranchia
Janolus fuscus 4.jpg
Janolus fuscus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Metazoa
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Euthyneura
Superorde: Nudipleura
Orde: Nudibranchia
Cuvier, 1817
Subordes
Véxase o texto

Co nome vulgar de lesma de mar[1] denomínase os moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros e superorde dos nudipleuros.[2]

Son gasterópodos mariños de corpo brando que perden as súas cunchas despois do seu estadio larvario.[3] Destacan polas súas cores, a miúdo extraordinarias, e as súas formas rechamantes.[4]

Actualmente recoñécense unhas 3 000 especies de nudibranquios.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1817 polo naturalista francés Georges Cuvier,[2] na súa obra Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Nudibranchia está formado pola unión dos elemento Nudi- e -branchia. O primeiro é o xenitivo (como manda a norma) do adxectivo latino nūdus, -a, -um, "espido", e o segundo deriva do substantivo do grego antigo βράγχια bránchia, "branquia". Literalmente, "os de branquias espidas".[5]

Subordes[editar | editar a fonte]

A orde comprende soamente dúas subordes:

Características[editar | editar a fonte]

Caracterízanse por teren o corpo, de simetría bilateral, non segmentado, cunha cavidade ou celoma no seu interior onde se sitúan os órganos, unha cabeza diferenciada con órganos sensoriais e un musculoso na parte ventral, que serve de medio de locomoción.

Non teñen cuncha nin opérculo, e súa variada e rechamante coloración alerta da súa gran toxicidade. Porén, algunas especies teñen o corpo transparente e a capacidade para emitiren luz.

As especies máis grandes poden alcanzar os 40 cm. Respiran por branquias que teñen distintas formas e localízanse en distintas zonas do corpo. Posúen dous órganos sensoriais, a xeito de cornos, moi coloreados, situados na cabeza, denominados rinóforos.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Os investigadores do Grupo do Estudo do Medio Mariño de Galicia (GEMM) crían que a lesma de mar que atoparan na ría de Arousa era unha especie xa descrita (Tritonia hombergii), que se pode encontrar en augas máis ao norte. Porén, decidiron estudala polo miúdo, e acabaron descubrindo que estaban ante unha nova especie de lesma de mar, non descrita até agora. E ademais trátase dunha das de maior tamaño do planeta entre os seus parentes da orde, con case 20 cm, polo que o GEMM cualificouaa como "xigante". É a Marionia gemmi,[6] así bautizada na honra do GEMM, que ademais destaca pola súa capacidade para desprazarse nadando grazas ás contraccións que pode facer o seu corpo, un trazo que lle permite moverse pola columna de auga e arrastrarse coa corrente lonxe dos perigos potenciais.[1]

Marionia gemmi é unha especie moi próxima a M. blainvillea, da que se diferencia polo seu maior tamaño (até 20 cm contra 6 cm) e a cor, basicamente crema con manchas vermellas e brancas dispersas. M. gemmi nunca ten as raias dorsais vermellas ou alaranxadas brillantes e as poucas raias transversais esbrancuxadas que ten M. blainvillea. Os seus rinóforos son totalmente beixes.[7]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Atopada en Arousa unha lesma de mar "xigante" en gciencia.com.
  2. 2,0 2,1 Nudibranchia, Cuvier, 1817 no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2021.
  3. Thompson, T. E. (2009): "Feeding in nudibranch larvae". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 38 (2): 239–248.
  4. Ocean Portal (2017): "A Collage of Nudibranch Colors". Smithsonian National Museum of Natural History. Consultado o 17 de agosto de 2021.
  5. Nudibranchia no Merriam Websters Dictionary.
  6. Marionia gemmii Almón, Pérez & Caballer, 2018 no WoRMS.
  7. Marionia en Doris (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Almón, B., Pérez, J. & Caballer, M. (2018): "Expect the unexpected: a new large species of Marionia (Heterobranchia: Nudibranchia: Tritoniidae) from western Europe". Invertebrate Systematics 32 (4): 892-908.
  • Coleman, Neville (2008): Nudibranchs Encyclopedia: Catalogue of Asia/Indo-Pacific Sea Slugs. Neville Coleman's Underwater Geographic. ISBN 0-9473-2541-7.
  • Thompson, T. E. (1976): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 1. Ray Society, nº 151. ISBN 978-0-9038-7404-5.
  • Thompson, T. E., & G. H. Brown (1984): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 2. Ray Society, nº 156. ISBN 978-0-9038-7418-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]