Saltar ao contido

Leopoldo López Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeopoldo López Rego
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Foz, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 2010 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Miñortos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata

Hilario Leopoldo López Rego, nado en Foz o 26 de febreiro de 1935 e finado en Miñortos (Porto do Son) o 20 de febreiro de 2010,[1] foi un avogado, político e relixioso galego, militante de esquerdas e nacionalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1966 recalou como frade nun colexio da cidade da Coruña. En 1975, no tardofranquismo, foi detido por acumular propaganda política no Convento dos Pais Pasionistas de Melide. Foi concelleiro de Melide ao encabezar a candidatura do BN-PG (1979-83). Temos a este respecto un testemuño seu na revista  Encrucillada. Preguntado sobre os motivos de presentarse ás eleccións muncipais de Melide, Leopoldo respondeu: "A miña liña de comportamento dende hai anos baséase tanto na miña condición de home galego e home de fe, tratando que estes dous campos non se fagan antagónicos. A motivación que resume e engloba todo, é unha “motivación ética”. Sinto que a miña conciencia política e maila fe en Xesús de Nazaret non me permiten quedar á marxe deste pobo que arela ser el mesmo e ceibe”.

Nas eleccións de 1979 foi candidato ao Senado de España polo Bloque Nacional Popular Galego. Na década de 1980 deixou os hábitos e aprobou unha oposición a secretario de concellos (Laza, A Baña, Carnota, Oza dos Ríos, Lousame ou Melide).

Foi afiliado do Sindicato Labrego Galego.

O 28 de setembro de 2013 foi a II Homenaxe aos Cristiáns e Cristiás comprometidas co país, na Eira da Xoana (entre Melide a Agolada), organizada por ADEGA. Ali hai un monólito coa imaxe de Leopoldo López Rego.