Lenín Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lenín Moreno
A Lenín Moreno (Transmisión del Mando Presidencial Ecuador 2017) (cropped).jpg
Nacemento19 de marzo de 1953
Lugar de nacementoNew Rocafuerte
NacionalidadeEcuador
Alma máterUniversidade Central do Equador e Instituto Nacional Mejia
Ocupaciónpolítico, escritor, empresario e participante do fórum internacional
CónxuxeRocío González de Moreno
PremiosGran Cruz da Orde El Sol do Perú, Order of Antonio José de Irisarri e Golden Key of Madrid
Na rede
https://www.presidencia.gob.ec
Facebook: LeninMorenoEC Twitter: lenin Instagram: leninmorenog Youtube: UCvDuwiTW9QylvVwpWRlLzew Editar o valor em Wikidata
Firma Lic.Lenín Moreno.png
editar datos en Wikidata ]

Lenín Boltaire Moreno Garcés[1][2] nado en Nuevo Rocafuerte o 19 de marzo de 1953, é un político e administrador ecuatoriano, que ocupo o cargo de presidente da República de Ecuador entre 2017 e 2021.[3] Anteriormente ostentara o cargo de vicepresidente entre 2007 e 2013 durante o goberno de Rafael Correa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 19 de marzo de 1953 na cidade amazónica Nuevo Rocafuerte, na provincia de Napo Pastaza, agora parte da provincia de Orellana, preto da fronteira co Perú e Colombia, no seo dunha familia humilde que percorreu o país pois os seus pais eran directores de escolas públicas.[3] O seu pai, Servio Tulio Moreno, foi senador e deputado pola provincia de Ambato en 1994 polo partido populista Concentración de Forzas Populares. A súa avoa materna era de nacionalidade peruana.[4]

O 3 de xaneiro de 1998, logo dun asalto nos exteriores da panadaría, situada na Avenida América, fronte a Teleamazonas, ó norte da cidade de Quito, foi vítima do disparo de delincuentes que querían roubar o seu vehículo, perdendo a mobilidade de ambas as pernas.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Moreno iniciou a súa vida política cando era estudante na Universidade Central do Ecuador, ó ser parte do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR), formando parte das protestas contra o triunvirato militar pola alza do 40 % das pasaxes dos buses urbanos e demandando o retorno á democracia nun episodio coñecido como a Guerra dos Catro Reais.[5] Moreno posteriormente apoiou as primeiras candidaturas de Rodrigo Borja, foi parte do partido populista de esquerda APRE xunto a Gustavo Larrea nos 90, o que lle permitiu acceder ao goberno de Abdalá Bucaram como funcionario logo de estabelecerse a alianza con Frank Vargas Pazzos, ministro de Goberno de Bucaram.[6] No ano 2002, Moreno apoiou a candidatura de Jacinto Velásquez e colaborou na súa campaña.[5] No 2006, o seu nome foi proposto á Vicepresidencia da República por antigos membros do MIR ó movemento Alianza PAIS, sendo aceptado polo seu candidato presidencial, Rafael Correa.[6]

Nas eleccións presidenciais do 2006, Rafael Correa foi elixido como Presidente da República e Moreno como vicepresidente, asumindo no 2007, cargo ó que foi reelixido para o período 2009-2013 nas eleccións do 2009. O seu nome foi proposto por organizacións sociais e por parte do goberno do Ecuador ó Premio Nobel da Paz no 2012 e foi elixido presidente do Comité para a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra as Discapacidades (CEDDIS) da Organización dos Estados Americanos (OEA).

Unha vez que Lenin Moreno decidiu non postularse a unha nova reelección como vicepresidente de Rafael Correa, o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas designouno en decembro de 2013 como o seu enviado especial sobre Discapacidade e Accesibilidade, mandato que se renovou xa en dúas ocasións e cuxa sede está en Xenebra, Suíza.

No ano 2017 gañou as eleccións presidenciais do 2017, elixido candidato por Alianza PAIS para suceder a Correa, converténdose no 44° Presidente Constitucional do Ecuador, iniciando o seu período o 24 de maio de 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xuño de 2019. 
  2. "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Elecciones en Ecuador: quién es Lenín Moreno, el rostro conciliador que sucederá a Rafael Correa". Consultado o 9 de maio de 2017. 
  4. "Lenín Moreno: Todo lo que dijo sobre el Perú en su visita a Lima". Consultado o 10 de maio de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "PERFIL: Lenín Moreno ha navegado entre lo público y lo privado". Consultado o 11 de xullo de 2017.