Saltar ao contido

Lemmings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lemmings
 Instancia de
 Xénero
 Modo de xogo
Autoría
 Compositor/a
 Desenvolvedor/a
 Programador/a
 Deseñador/a
Publicación
 Data de publicación
14 de febreiro de 1991
25 de marzo de 2005 (Java Platform, Micro Edition) Editar o valor en Wikidata
 Editorial
 Formato de distribución
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
 Nomeamentos
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0856087 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lemmings é un videoxogo programado orixinariamente para a computadora Commodore Amiga, deseñado por DMA Design e publicado por Psygnosis no ano 1991 e que tivo versións en PC, así como en videoconsolas como NES, SNES, Master System, Mega Drive, Game Boy, PlayStation ou PSP.

Características

[editar | editar a fonte]

O xogo sitúase entre o puzzle e a estratexia en tempo real, e consiste en controlar unhas unidades (os lemmings) conducíndoas a través de diversos obstáculos (barrancos, paredes, montañas...) e co obxectivo de chegar a unha posición final. Estas unidades están capacitadas para realizar unha serie de accións, entre as que se encontran as de construír escaleiras, bloquear o paso a outros lemmings, lanzarse en paracaídas etc. Tamén teñen a opción de suicidarse (suponse para o caso de que sexa imposible terminar a partida por perder demasiados lemmings).

No momento da creación de Lemmings había unha conciencia crecente dos dereitos de autor da música, por iso a maioría dos temas son arranxos e regravación de clásicos (de dominio público) para evitar problemas de copyright, de autores coma Offenbach, Mozart, Tchaikovsky, Chopin ou Wagner.

Pingus é unha variante GNU de Lemmings.

Este xogo tamén estivo dispoñible para os ordenadores Atari ST.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]