Leis Fundamentais do Reino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
COA Spain 1945 1977.svg

As Leis Fundamentais do Reino, ou do Estado, foron o conxunto de oito leis que organizaban os poderes do Estado durante o franquismo en España.[1] Durante a Transición, en 1977, realizouse unha oitava lei co mesmo rango para modificar o marco lexislativo e poder levar a cabo a reforma política. Non se trataba dunha constitución senón dunha carta outorgada, posto que non foran elaboradas nin aprobadas por representantes populares.

O franquismo concentraba todos os poderes no Xefe do Estado. Gran parte das leis procedía de tempos anteriores ao réxime, incluíndo as promulgadas pola Segunda República Española.

Foron derrogadas coa Constitución Española de 1978.

Foro do Traballo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Foro do Traballo.

O Ministro de Acción e Organización Sindical, o falanxista Pedro González-Bueno y Bocos, consegue a aprobación en 1938 dunha lei intervencionista que regula a vida laboral e económica, concretamente en cuestións relacionadas coa xornada laboral, as vacacións, os salarios mínimos e os prezos. Tales concesións non eran outra cousa que regulacións da vida económica e estaban supeditadas ao interese da nación, de modo que aínda recoñecendo a iniciativa privada, o Estado poderíaa substituír en dúas ocasións: cando aquela fracasase ou cando o esixise o interese público.[1]

Cunha concepción entre católica e falanxista, recibe influencia da Carta dei Lavoro italiana (1927), declarando como o traballo non podía reducirse a mercancía nin a transaccións contra a dignidade do asalariado.

Sentaba as bases da Seguridade Social, que o franquismo instauraría máis tarde, á vez que prometía dous conceptos novedosos: liberar á muller casada do taller e da fábrica e a facilitar a propiedade do fogar, do terreo cultivado e tamén da ferramenta de traballo. Senta as bases do Sindicato Vertical que agrupa tanto a empresarios como aos asalariados: técnicos e obreiros. Crea a Maxistratura de Traballo.

Lei Constitutiva das Cortes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lei Constitutiva das Cortes .

A Lei Constitutiva das Cortes de 1942. Créanse cortes como instrumento de colaboración e autolimitación, para preparar e elaborar as leis. Os deputados pasan a denominarse procuradores como antigamente foi na Coroa de Castela e a súa competencia principal elaborar e aprobar leis. O seu labor debía ser sancionada polo Xefe do Estado, o cal podía, á súa vez, ditar normas xerais. Había procuradores natos, aqueles que os son por razón do cargo electivos, deben a súa condición de procurador ao resultado dunha elección; e designados, cesando por revogación.[1]

Tanto a Administración Local como a Organización Sindical elixían as súas procuradores. Para o terzo familiar, dous procuradores por provincia, prevíase o voto popular. Francisco Franco designaba corenta procuradores, coñecidos como os corenta de Ayete.

O cargo de procurador non era retribuído, aínda que recibían algunha compensación económica.

Foro dos Españois[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Foro dos Españois.

O Foro dos Españois de 1945. Fíxanse os dereitos e deberes dos españois.[1]

Lei do Referendo Nacional[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lei do Referendo Nacional.

A Lei do Referendo Nacional de 1945. Establécese o uso do referendo para asuntos importantes. A lei de Sucesión na Xefatura do Estado fai obrigatorio o referendo para modificar as leis fundamentais.[1]

Lei de Sucesión na Xefatura do Estado[editar | editar a fonte]

A Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. Regula a sucesión. España configúrase como un reino. Franco queda como Xefe de Estado vitalicio e ten a opción de nomear ao seu sucesor. Créase o Consello do Reino e o Consello de Rexencia.[1]

Lei de Principios do Movemento Nacional[editar | editar a fonte]

A Lei de Principios do Movemento Nacional de 1958. Establece uns principios reitores do ordenamento xurídico franquista.[1]

Lei Orgánica do Estado[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lei Orgánica do Estado.

A Lei Orgánica do Estado de 1967. Se enumeran os fins do Estado, fíxanse os poderes do xefe do Estado e declárase a súa responsabilidade política.[1]

Lei para a Reforma Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lei para a Reforma Política.

A Lei para a Reforma Política de 1976. A Reforma Política foi iniciada en 1976, mediante esta lei establecéronse as condicións mínimas para elixir unhas Cortes por sufraxio universal e as habilitou para proceder á reforma constitucional das Leis Fundamentais sendo o instrumento xurídico que permitiu articular a Transición española. A Lei para a Reforma Política foi sometida a referendo o 15 de decembro de 1976 obtendo un respaldo maioritario entre quen participaron. Así, no canto de romper coa estrutura do Estado, utilizáronse os mecanismos legais vixentes para a modificación do sistema, establecendo as canles para a creación dunha Monarquía parlamentaria.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 http://www.infoguerracivil.com/espana-leyes-fundamentales-estado.html El franquismo » Leyes fundamentales del Estado franquista. Infoguerracivil.com.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]