Foro dos Españois
Aparencia
O Foro dos españois (1945) foi unha das oito Leis Fundamentais do franquismo, e nela establecíase unha serie de dereitos, liberdades e deberes do pobo español. Esta lei pretende ser unha declaración de dereitos e liberdades, aparentemente liberal. No art. 33 desta lei dicía: O exercicio destes dereitos non poderá atentar contra a unidade espiritual, nacional e social de España.
A lei entrou en vigor o 17 de xullo de 1945, foi reformada pola L.O. do Estado de 10 de xaneiro de 1967, aprobada por Decreto 779/1967, de 20 de abril, BOE n.º 95, de 21 de abril e finalmente foi derogada na Disposición Derogatoria da Constitución española de 1978.