Lay-Saint-Christophe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 48°44′56″N 6°12′05″L / 48.74889, -6.20139

Lay-Saint-Christophe
Blason ville fr Lay-Saint-Christophe (Meurthe-et-Moselle).svg
Maire-StChristophe1.jpg
Casa do Concello
Localización
Map commune FR insee code 54305.png
PaísFrancia Franca
RexiónLorena
DepartamentoMeurthe e Mosela
DistritoNancy
Xeografía
Altitude200 msnm
Superficie11,59 km²
Demografía
Poboación2 421 hab. (2018)[1]
Densidade209 hab./km²
Xentiliciolayens, layennes.[2]
Outros datos
Código postal54690 [3]
AlcaldePatrick Medart (2020-2026)
Páxina web oficial do concello

Lay-Saint-Christophe é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Meurthe e Mosela, na rexión Gran Leste.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada nos outeiros ao norte de Nancy, a vila está construída nunha ladeira orientada cafra ao sur cun río abaixo, o Amezule, afluente do Meurthe. A vila ten dúas partes contiguas: Haute-Lay na ladeira do monte, e Basse-Lay abaixo.

Cunha altitude media de 200 msnm, ocupa unha superficie de 11,59 km². A súa poboación, segundo o censo de 2018, era de 2 421 habitantes, polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 209 hab./km².

Demografía[editar | editar a fonte]

Serie de poboación histórica de Lay-Saint-Christophe
(Fonte/s: INSEE)
Ano196219681975198219901999
Poboación1 5071 9692 0332 2812 4492 622


Historia[editar | editar a fonte]

Na antiga Lorena lay designaba un outeiro ou unha pequena montaña. De feito, a aldea está na ladeira do outeiro. (A palabra "lay", nunha linguaxe antiga, designaba estruturas situadas en alturas).

Gravado de Lay-Saint-Christophe en 1838.

En 1965 atopáronse varios obxectos merovinxios no territorio municipal, incluíndo unha dupla vendaxe hernial que se garda hoxe no Museo de Lorena de Nancy.

A aldea galo-romana de Layum converteuse na residencia dos mordomos de palacio de Austrasia durante a época merovinxia. Santo Arnulfo, bispo de Metz e antepasado de Carlomagno, naceu no castelo de Haute-Lay ao redor do 580. Compartiu a educación do novo rei Dagoberto I con Pipino o Vello, cuxa filla casou co seu fillo: foron os avós de Carlos Martel.

En Lay-Saint-Christophe encontábase unha abadía moi florecente. E había unha igrexa en Basse-Laye do século XII.

Nos séculos XVIII e XIX a vila tiña uns 1 000 habitantes. Daquela explotábanse alí dúas minas de ferro, e prosperaron moitas prósperas industrias: serradoiros, curtidoiros, fábricas de baldosas, de pinceis e de negro de fume. Hoxe xa non queda ningunha.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliogfrafía[editar | editar a fonte]

  • Henri Lepage: Histoire du prieuré de Lay, por Dom Augustin Calmet. Lucien Wiener, 53 rue des Dominicains, Nancy, 1863. (Ler en liña).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Lay St Christophe. Monographies communales de Meurthe-et-Moselle réalisées pour l'exposition universelle de 1889 et conservées par les Bibliothèques de Nancy.