Laura Flessel-Colovic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laura Flessel-Colovic
Laura Flessel-Colovic, Team trophy presentation Challenge international de Saint-Maur 2013 t161426.jpg
Nacemento6 de novembro de 1971
 Pointe-à-Pitre
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónesgrimista e política
Premioscabaleiro da Lexión de Honor e Commander of the National Order of Merit
editar datos en Wikidata ]

Laura Flessel-Colovic, nada o 6 de novembro de 1971 en Pointe-à-Pitre (Guadalupe), é unha tiradora de esgrima francesa, dobre campioa olímpica, seis veces do mundo e unha vez campioa de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laura Flessel, en 2007, de face, parlant à un entraîneur, de dos.
Nos Campionatos de Europa 2007

Laura Flessel comezou na esgrima aos 6 anos, progresando rapidamente e converténdose en campioa de Guadalupe. Despois adquiriu unha sólida experiencia nos circuítos caribeños, centroamericanos e panamericanos, conquistando en 1990 os Campionatos Panamericanos nas modalidades de florete e espada. Ese mesmo ano, establécese na Francia Metropolitana, ingresando no Racing Club de France[1]. Tamén entra no INSEP, o que lle permite relacionarse cos mellores esgrimistas franceses.

O seu primeiro éxito na escena mundial foi en 1995 ao rematar terceira no Campionato do Mundo de Esgrima na Haia, metal que tamén acompañou con prata por equipos.

Para a primeira participación de espada feminina nuns Xogos olímpicos en 1996, Francia partía con boas posibilidades de medallas, Flessel era a terceira do mundo e Valérie Barlois segunda[2], e así efectivamente Flessel, Barlois e Sophie Moresse-Pichot conseguen o título olímpico en espada por equipos derrotando a Italia. Despois en espada individual, vence a dúas húngaras, unha delas Szalay, vicecampioa do mundo, en semifinal. Na final enfróntase á súa compatriota Valérie Barlois, gañando Flessel por 15-12 [3][4].

No Mundial de 1997 logrou unha medalla de bronce por equipos e o noveno posto en individual pero nos Campionatos do Mundo de 1998 converteuse no oitavo esgrimista francés, e primeira muller, en obter os títulos olímpicos e mundial, para obter este último derrotou na final á alemá Holzkamp por 15-9, conseguindo tamén un segundo título en espada por equipos [5]. Ela remata igualmente na segunda praza na Copa do Mundo desa tempada. No ano seguinte a súa ambición é conservar os seus dous títulos mundiais, non o logro no concurso de equipos pero en individual si o fai tras derrotar á suíza Romagnoli[6].

Era unha das favoritas nos Xogos Olímpicos de 2000, pero perdeu na semifinal coa húngara Tímea Nagy mais logrou a medalla de bronce. No concurso por equipos Francia rematou no quinto lugar.

No ano 2001 non compite ao dar nacemento á súa filla Leïlou ata o mes de outubro, cando se disputa o mundial, logrando a medalla de prata batida pola alemá Bokel[7].

Malia dúas Copas do mundo en 2002 e, tras quedar suspendida pola FIE durante tres meses por dar positivo de nicetamida[8],2003 debe agardar a súa terceira participación nuns Xogos olímpicos, os de 2004, para obter unha nova medalla. Na final á súa opoñente é a húngara Tímea Nagy que logra a medalla de ouro, tendo que conformarse Flessel coa de prata mentres en equipos Francia logrou a de bronce.

No Mundial de 2005 gaña unha nova medalla de bronce en individual e o ouro por equipos. No de 2006 tirou unha nova medalla de bronce en individual, de novo batida pola húngara Nagy[9][10].

En 2007, Francia na vez de enviar un equipo chamado B aos Campionatos de Europa como viña facendo para dar oportunidades aos valores novos, decidiu enviar un equipo consagrado para sumar puntos de cara á súa cualificación nos Xogos Olímpicos do ano seguinte. Laura Flessel consegue así o único título que lle restaba por obter[11]. No Mundial dese ano, logrou un novo título mundial por equipos. Ese ano 2007 queda terceira na Copa do Mundo.

Os bos resultados de 2007 e do comezo da tempada 2008 déronlle unha das dúas prazas reservadas a Francia na modalidade de espada individual nos Xogos Olímpicos de 2008, agora ben a espada por equipos non figuraba no programa. Pero finalmente foron os primeiros xogos nos que non logrou medalla ningunha despois da súa eliminación pola chinesa Li Na (15-9) nos cuartos de final.

No ano 2009 logrou unha terceira praza nos Campionatos de Europa en Plovdiv[12] e queda fóra das medallas no Campionato do Mundo de Esgrima en Antalya ao quedar eliminada en cuartos de final pola rusa Lubov Shutova.

O ano seguinte gañou dúas medallas de bronce nos Campionatos de Esgrima de Europa en Leipzig, en individual perde en semifinal fronte á polaca Magdalena Piekarska por 13 a 12[13]. Na competición por equipos Francia perdeu en semifinais fronte a Italia pero consegue gañar o bronce fronte a Alemañ[14]. Nos Mundiais disputados en París perde en cuartos de final fronte á húngara Emese Szász[15]. En espada por equipos, as francesas remataron na quinta praza despois dunha desfeita 45 a 40 contra Romanía en cuartos de final[16]. É membro do Consello Económico, Social e Mediambiental desde o 28 de outubro de 2010 por mor da súa experiencia no campo deportivo[17].

En 2011 nos Mundiais de Catania perde na primeira rolda do torneo fronte á americana Maya Lawrence por 15 a 14[18]. E en equipos, como na edición precedente, as francesas perden en cuartos de final, contra a China. Flessel non consegue manter a vantaxe de tres toques que Francia tiña antes do último asalto que a enfronta á vencedora da competición individual Li Na, e que lle deu a vitoria ao seu equipo por 45 a 43[19].

O equipo de espada fracasou na súa tentativa de cualificarse nos Xogos Olímpicos de 2012[20], pero Flessel consegue cualificarse para espada individual tras vencer a Emma Samuelsson por 15 a 6 no campionato de cualificación da zona Europa en Bratislava[21]. Laura Flessel foi a portabandeira da delegación francesa nos Xogos Olímpicos de Londres [22][23]. Na súa derradeira competición pasa na primeira rolda ao vencer contra a americana Courtney Hurley (15-12) antes de perder contra a romanesa Simona Gherman coa puntuación de 15-13, poñendo fin á súa carreira con 40 anos.

Do 6 ao 20 de outubro de 2012, Laura Flessel apareceu como candidata na terceira tempada do programa de televisión Danse avec les stars de TF1 facendo parella co bailarín Grégoire Lyonnet[24].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en francés) Biographie sur le site rfo.fr Arquivado 14 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. Un poids en moins, L'Équipe du 24 février 2008]
  3. Le Livre de l'année 96, L'Équipe
  4. La finale d'Atlanta 1996 sur YouTube
  5. Le Livre de l'année 98, L'Équipe
  6. Le Livre de l'année 98, L'Équipe
  7. (en francés) À la pointe de l'Épée, L'Équipe Arquivado 21 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  8. "Laura Flessel accepte ses trois mois de suspension". Libération. 29 novembre 2002. Consultado o 21 avril 2012. 
  9. (en francés) Mondiaux 2006 à Turin Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  10. (en francés) Laura Flessel sauve l'honneur, sur le site de l'Humanité
  11. Laura Flessel championne d'Europe, sur le site eurosport.fr[Ligazón morta]
  12. "Le bronze pour Laura Flessel aux Championnats d'Europe d'escrime". lemonde.fr. 15 juillet 2009. 
  13. "Championnats d'Europe d'escrime : le bronze pour Laura Flessel". tempsreel.nouvelobs.com. 18 juillet 2010. 
  14. "Championnat d'Europe d'escrime: la France prend le bronze avec Laura Flessel". lepoint.fr. 18 juillet 2010. 
  15. "Escrime/Mondiaux-2010 - Epée dames: Une médaille pour Nisima, Flessel s'arrête en quarts". lequotidien.lu. 8 novembre 2010. [Ligazón morta]
  16. "Laura Flessel très déçue". sport.fr. 12 novembre 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2013. 
  17. "Décret du 28 octobre 2010 portant nomination au Conseil économique, social et environnemental". www.legifrance.gouv.fr. 29 octobre 2010. Consultado o 26 décembre 2010. 
  18. "Bérézina française aux Mondiaux de Catane". france24.com. 13 octobre 2011. 
  19. "Escrime - Championnats du monde. Laura Flessel tire sa révérence". leprogres.fr. 17 octobre 2011. 
  20. "Sans les épéistes françaises...". lequipe.fr. 25 mars 2012. 
  21. "Laura Flessel décroche son ticket pour Londres". www.lemonde.fr. Consultado o le 21 avril 2012. 
  22. "JO : Laura Flessel désignée contre toute attente porte-drapeau de la délégation française". Le Figaro. 14 mai 2012. 
  23. "Montpellier Jeux Olympiques de Londres : Karabatic sera-t-il porte-drapeau pour la France ?". midilibre.fr. 14 mai 2012. 
  24. Danse avec les stars 3 : le casting officiel dévoilé