Saltar ao contido

Transfeminismo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transfeminismo
Logotipo
Imaxe
 En oposición a
Implicados
 Practicado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/03vpy7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Un dos símbolos do transfeminismo.

O transfeminismo (etimoloxicamente, de trans- e feminismo, que estende ou transversaliza o feminismo) é unha corrente do feminismo que amplía os suxeitos do mesmo a outras persoas que tamén están oprimidas polo heteropatriarcado pero que non necesariamente han de ser ou sentirse mulleres.[1]

Encádrase dentro dos denominados novos feminismos e ten unha grande influencia do activismo LGTB e a teoría queer, especialmente desde a visión transexual, transxénero e intersexual; así como de tendencias antirracistas e postcoloniais, e de movementos políticos que buscan a abolición da segregación social por motivo de pertenza a unha clase social, a unha etnia, a un xénero ou a unha orientación sexual.[2]

O concepto de transfeminismo vai máis aló de obter a liberación da muller, senón que entende o propio concepto de xénero como unha construción que se utiliza como ferramenta de opresión. Trátase dun movemento de resistencia que entende o xénero como un sistema de poder que produce, controla e limita os corpos, para adaptalos á orde social establecido, pretendendo modificar, ampliar, alterar e transformar os códigos que rexen todas estas construcións sociais.

  1. Transfeminismos. Epistemes, fricciones y flujos (en español). Txalaparta. 2013. ISBN 978-84-1531366-3.
  2. "Movimiento en las Bases: Transfeminismos, feminismos queer, despatologización y discursos no binarios.". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 02 de setembro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]