Fontanaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billa vertendo auga potable.

A fontanaría[1] é a actividade relacionada coa instalación e mantemento de redes de tubaxes para o abastecemento de auga potable e evacuación de augas residuais, así como as instalacións de calefacción en edificacións e outras construcións.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome «fontanaría», deriva de «fontaneiro», que provén de «fontana», que é sinónimo de «fonte» e á súa vez provén do latín fontāna.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia da fontanaría remóntase ós tempos da Antiga Roma, onde xa construían acuedutos de pedra para conducir a auga até as instalacións dos pazos dos seus emperadores e ós seus famosos baños, así como cloacas para desaloxala unha vez usada. A fontanaría moderna ten os seus inicios a finais do século XIX co uso dos tubos de ferro fundido para conducir a auga, os cales se soldaban con chumbo, que era fundido mediante un queimador e despois vertido nas unións. Este sistema utilizouse até finais da década dos setentas, aínda que para outro tipo de instalacións non relacionadas co consumo humano, aínda se utiliza.

Na maioría dos países occidentais o uso do sistema ferro fundido-chumbo está prohibido, tanto para a condución de auga potable como para a evacuación de augas residuais. Os motivos son que co desgaste interno das tubaxes por mor da fricción, pequenas partículas de chumbo mestúranse coa auga, provocando plumbose ós consumidores; por outra banda, o seu traballo é lento, complexo e moi custoso en comparanza con outros materiais máis modernos como o cobre, ao PVC, o polietileno de alta densidade (PEAD) e moitos outros.

Hoxe en día, a soldadura de chumbo foi substituída por varios sistemas, segundo o material da tubaxe: soldadura de aceiro, para tubos de aceiro; estaño soldado a gas, para tubos de cobre; adhesivo solvente, para tubos de PVC; termofusión para tubos de polipropileno e/ou de polibuteno; morteiro de cemento para tubos de concreto e pastas especiais para tubos de asbesto-cemento. Existen tamén as unións mecánicas, que poden ser a compresión ou bridadas ou roscadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fontanaría.
  2. Muscroft, Steve (14 de marzo de 2016). Plumbing. Elsevier. p. 3.