Larus smithsonianus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Larus smithsonianus
Larus smithsonianus-USFWS.jpg
Adulto no niño
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. smithsonianus
Nome binomial
'Larus smithsonianus'
Coues, 1862
Sinonimia

Larus argentatus smithsonianus

A Larus smithsonianus é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características[editar | editar a fonte]

Antigamente considerábase a mesma especie que a gaivota arxéntea[2]. Debido ás diferenzas de plumaxe no primeiro ano e ás pequenas diferenzas xenéticas fixeron considerala unha especie diferente[2]. Os adultos son case indistinguíbeis dos adultos da arxéntea. Unicamente o tamaño lixeiramente menor e os tons máis claros das alas e das patas da Larus smithsonianus, permiten diferenciar ambas especies[2]. Porén os xuvenís de primeiro ano son moi diferentes. Xa que presentan unha plumaxe case completamente negra que os diferenza dos xuvenís da arxéntea, moito máis claros[2].

Distribución[editar | editar a fonte]

Moi estendida por toda Norteamerica. É unha especie divagante en Europa, con moitas citas nas Illas Británicas e en Francia, mais é unha rareza no resto do continente[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Birdlife International (2014). "Larus smithsonianus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 11 January 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.