Elliott Coues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElliott Coues
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1842
Portsmouth, Nova Hampshire
Morte25 de decembro de 1899
Baltimore, Maryland
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington 
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Formación profesionalMedicina
EducaciónUniversidade de Columbia
Actividade
Ocupacióncirurxián, historiador e ornitólogo
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaCoues Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Coues-2 Find a Grave: 49171287 Editar o valor em Wikidata

Elliott Coues, nado o 9 de setembro de 1842 en Portsmouth, Nova Hampshire, e finado o 25 de decembro de 1899 en Baltimore, Maryland, foi un cirurxián do exército estadounidense, historiador e ornitólogo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elliott Coues graduouse na Universidade de Columbia de Washington, D.C. en 1861, e na Escola Médica desa institución en 1863.

Serviu como cadete médico en Washington entre 1862 e 1863 e, en 1864, foi designado cirurxián-asistente no exército regular. En 1872 publicou o seu Key to North American Birds, (Clave para as aves norteamericanas), a cal, revisada e reescrita en 1884 e 1901, fixo moito para promover o estudo sistemático da ornitoloxía nos Estados Unidos. Seu traballo contribuíu ao establecemento dos estándares actualmente aceptados de nomenclatura trinomial de subespecies en ornitoloxía e, posteriormente, en toda a zooloxía.

Entre 1873 e 1876 Coues foi asignado como cirurxián e naturalista á Comisión da Fronteira Norte dos Estados Unidos e, entre 1876 e 1880 foi secretario e naturalista do Levantamento Xeográfico e Xeolóxico dos Territorios dos Estados Unidos, do cal editou a súa publicación.

Foi conferenciante sobre anatomía na Escola Médica da Universidade de Columbia entre 1877 e 1882, e profesor de anatomía alí entre 1882 e 1887.

Coues foi un bibliógrafo coidadoso e, no seu traballo sobre os Birds of the Colorado Valley (Aves do Val do Colorado), incluíu unha sección especial sobre as andoriñas e intentou resolver se migraban en inverno o hibernaban baixo os lagos como se cría naquel tempo.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Coues emprégase pare recoñecer a Elliott Coues como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.