Lars-Emil Johansen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLars-Emil Johansen
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Illorsuit (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Groenlandia
2013 – 2018
Primeiro ministro de Groenlandia
18 de marzo de 1991 – 19 de setembro de 1997
← Jonathan MotzfeldtJonathan Motzfeldt →
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 1973–1975 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 2005–2007 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Deputado do Parlamento de Groenlandia
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 2001–2005 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 1975–1977 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 2007–2011 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Deputado do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 1977–1979 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Groenlandia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSiumut Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisKristian Johansen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elisabeth Johansen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSeverin Johansen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Lars-Emil Johansen, nado en Illorsuit o 24 de setembro de 1946, é un político groenlandés que exerceu como o segundo primeiro ministro de Groenlandia dende 1991 a 1997, e foi Presidente do Inatsisartut dende 2013 a 2018. Johansen foi presidente do partido Siumut entre 1987 e 1997, e foi deputado do Parlamento de Groenlandia dende a súa creación en 1979. Antes diso foi representante de Groenlandia no Parlamento de Dinamarca dende 1973, unha posición que recuperou en 2001 e mantivo até 2011. Tamén foi presidente do Consello Nórdico Occidental dende 2015 até 2016.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Illorsuit, un pequeno asentamento preto de Uummannaq no concello de Qaasuitsup, como fillo do axente comercial Kristian Johansen e da parteira do distrito Elisabeth Johansen;[2] a súa nai fora a primeira muller membro do consello do país de 1959 a 1975.

En 1970, Johansen rematou a súa educación como profesor, e ao ano seguinte foi elixido para o consello do país de Groenlandia, a autoridade local máis poderosa de Groenlandia antes da creación do Inatsisartut.

Foi nomeado comandante da Orde do Dannebrog dinamarquesa e da Real Orde do Mérito de Noruega, así como de dous tipos de Nersornaat, o Nersornaat de prata e o Nersornaat de ouro ( Medalla de Groenlandia ao Servizo Meritorio).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Patursson, Steinar (13 de agosto de 2015). "Lars Emil Johansen formaður í Útnorðurráðnum" (en Faroese). Portal.fo. Consultado o 10 de abril de 2016. 
  2. Biography on the website of the Danish Parliament (Folketinget) Consultado o 20 de marzo de 2017