Aleqa Hammond

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAleqa Hammond

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Narsaq Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Groenlandia
5 de abril de 2013 – 30 de setembro de 2014
← Kuupik KleistKim Kielsen →
Deputada do Parlamento de Dinamarca

Lexislatura: Folketing 2015–2019 (en) Traducir
Deputado do Parlamento de Groenlandia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
RelixiónNova Igrexa Apostólica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Groenlandia
Nunavut Arctic College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNunatta Qitornai (2018–)
Siumut (–2016) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata

Facebook: 399232653501212 Twitter: AleqaHammond Editar o valor em Wikidata

Aleqa Hammond, nada en Narsaq o 23 de setembro de 1965, é unha política groenlandesa e exmembro do Folketing (parlamento) dinamarqués. Antiga líder do partido Siumut, converteuse na primeira muller primeira ministra de Groenlandia despois de que o seu partido emerxese como a facción parlamentaria máis grande do país nas eleccións de 2013.[1] En 2014 deixou o cargo de primeira ministra e líder de Siumut, tras un caso de malversación de fondos públicos. Foi expulsada de Siumut o 23 de agosto de 2016 tras outro caso de mal uso de fondos públicos e converteuse nunha política independente.[2] O 31 de marzo de 2018 anunciou que se presentaría ás eleccións xerais de Groenlandia de 2018 en represetación do partido Nunatta Qitornai, unha escisión de Siumut.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Narsaq, mais criouse en Uummannaq.[4] O seu pai Piitaaraq Johansen morreu nunha viaxe de caza cando ela tiña sete anos despois de caer polo xeo.[5] Asistiu ao Colexio Ártico de Nunavut en Iqaluit (no Canadá) entre 1989 e 1991, antes de estudar na Universidade de Groenlandia dende 1991 até 1993.[4] Nunca completou os seus estudos.

En 1993, comezou a traballar para "Turismo de Groenlandia" como coordinadora rexional na baía de Disko. En 1994, utilizou un cuarto de hotel e proporcionou conscientemente unha tarxeta de crédito que fora bloqueada (por abusos anteriores) para cubrir a factura de 5.000 kr, e foi condenada por fraude en 1996.[6] En 1995, converteuse en Oficial de Información na secretaría do Gabinete, antes de traballar para a oficina de Turismo de Nuuk dende 1996 até 1999. Entre 1999 e 2003, foi comisaria do Consello Circumpolar Inuit, e tamén traballou nos Xogos de Inverno do Ártico de 2002. De 2004 a 2005 traballou na industria do turismo en Qaqortoq como guía turística.[4]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Foi elixida por primeira vez para o Parlamento de Groenlandia nas eleccións de 2005,[7] e foi nomeada conselleira de Familia e Xustiza.[8] En 2007, converteuse en ministra de Finanzas e Asuntos Exteriores, pero en 2008 dimitiu oficialmente en protesta polo tamaño do déficit orzamentario do goberno.[5]

Logo de que Siumut perdese as eleccións de 2009, substituíu a Hans Enoksen como líder do partido. Nas eleccións de 2013, recibiu o maior número de votos persoais.[9] Como primeira ministra expresou a súa esperanza de experimentar que Groenlandia se converta nun país independente. Ela dixo: "Estamos a falar de construír unha nación a nivel mental. Manifestarémonos como pobo e esixiremos o que nos corresponde. Asumiremos a responsabilidade por nós mesmos e polas nosas familias. E como políticos asumiremos a responsabilidade do noso país".[10] O 1 de outubro de 2014, Hammond tomou unha excedencia porque estaba a ser investigada por un escándalo de gastos,[11] e Kim Kielsen converteuse en primeiro ministro en funcións, e tamén a sucedeu como líder do partido Siumut. Kielsen posteriormente substituíuna permanentemente.

En 2015, Hammond foi elixida para o Folketing dinamarqués nas eleccións xerais. Con 3.745 votos, obtivo o maior número de votos persoais en Groenlandia.[12] Foi expulsada do partido Siumut o 23 de agosto de 2016 logo dun caso de abuso da súa tarxeta de crédito do Folketing para gastos privados e converteuse en independente. En 2017, converteuse en presidenta do Comité de Groenlandia tras un acordo de apoio ao goberno de centro dereita. O 31 de marzo de 2018, anunciou a súa candidatura ao parlamento groenlandés en representación de Nunatta Qitornai.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É membro da Nova Igrexa Apostólica.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mining proponents win Greenland election".  AP, 13 de marzo de 2013
  2. "Aleqa Hammond er ekskluderet fra Siumut | KNR". Arquivado dende o orixinal o 2018-04-01. Consultado o 2018-03-31. 
  3. "Reference at sermitsiaq.ag". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Aleqa Hammond". Arquivado dende o orixinal o 2013-04-12. Consultado o 2013-03-13.  Siumut (en dinamarqués)
  5. 5,0 5,1 "Beyond the ice". TheGuardian.com. 11 de decembro de 2008.  The Guardian, 11 de decembro de 2008
  6. Hyltoft, Vibe; Bent Højgaard Sørensen (25 de outubro de 2013). "Grønlands regeringschef tav om gammel dom for bedrageri". Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  7. "Greenland vote likely headed for a squeaker this March 12". 11 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2013.  Nunatsiaq Online, 11 de marzo de 2013
  8. 8,0 8,1 "Aleqa Hammond is the new Minister for Family and Justice in Greenland". 11 de xaneiro de 2021.  New Apostolic Church, 22 de decembro de 2005
  9. "Greenlanders vote for change". Arquivado dende o orixinal o 2013-03-14. Consultado o 2013-03-13.  Copenhagen Post, 13 de marzo de 2013
  10. "Greenland's Aleqa Hammond inspired by Nelson Mandela". Nordic Labour Journal. 13 de abril de 2013. 
  11. "Reference at www.thelocal.dk". 
  12. "Result of the Danish general election 2015 in Greenland". Arquivado dende o orixinal o 2015-06-21. Consultado o 2015-06-21.  Qinersineq