Kim Kielsen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1966 (57 anos) Paamiut, Groenlandia |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
maio de 2022 – setembro de 2023 ← Hans Enoksen | |
6º Primeiro ministro de Groenlandia | |
10 de decembro de 2014 – 23 de abril de 2021 ← Aleqa Hammond – Múte Bourup Egede → | |
Deputado do Parlamento de Groenlandia | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Siumut |
Kim Kielsen, nado en Paamiut o 30 de novembro de 1966, é un político groenlandés, primeiro ministro de Groenlandia desde o 30 de setembro de 2014 até 2021, e presidente do partido Siumut até o 20 de novembro de 2020, logo de substituír a Aleqa Hammond en outubro de 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kim Kielsen traballou como mariñeiro pero tras estudar na academia de policía, exerceu como oficial de policía nas localidades de Upernavik e Paamiut de 1996 ata 2003. En 2003 solicitou unha excedencia para exercer como coordinador dun proxecto social para nenos e mozos con problemas.[1]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Na primavera de 2005 entrou no concello da súa localidade natal, presentouse tamén ás eleccións xerais de novembro de 2005 logrando un asento no Parlamento de Groenlandia. Entre 2007 e 2009 foi ministro de Vivenda, Infraestruturas e Recursos Naturais. En outubro de 2014 converteuse en primeiro ministro en funcións tras renunciar Aleqa Hammond, e pouco despois o Siumut elixiuno o seu presidente,[2][3][4][5][6][7] con 44 votos sobre 65.[8][9][10] O 4 de decembro de 2014 o seu partido, Atassut, e Demokraatit formaron unha nova coalición. O 10 de decembro de 2014 estaban representados os novos ministros[11]
En resposta ao interese do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump en agosto de 2019, por comprar Groenlandia, Kielsen dixo que a proposta "non era algo para bromear" e que "Groenlandia non é dinamarquesa. Groenlandia é groenlandesa. Espero persistentemete que isto non sexa algo serio".[12][13]
O 29 de novembro de 2020, Kielsen perdeu a reelección para a presidencia do Partido Siumut ante Erik Jensen.[14][15]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kim Kielsen está casado con Judithe Kielsen, e teñen dous fillos.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kim Kielsen en naalakkersuisut.gl". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "Kim Kielsen". norden.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Kim Kielsen bliver naalakkersuisoq". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ Cathrine Bloch, Berlingske Nyhedsbureau (18 de outubro de 2014). "Kim Kielsen ny formand for Siumut". www.bt.dk. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Kim Kielsen vil også være ny Siumut-formand i Grønland". jyllands-posten.dk. 2 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "For Greenland's premier, two reasons to be relieved". The Arctic Journal. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Kim Kielsen ny formand for Siumut". altinget.dk. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Se billeder: Kim Kielsens store triumf". Sermitsiaq.AG. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Opdateret: Kim Kielsen ny formand for Siumut". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Aleqa støtter Kielsen". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Her er navnene på det nye Naalakkersuisut". KNR. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ Lee, Matthew And Olsen, Jan. (2020) "US to boost aid to Greenland in bid to counter Russia, China" Associated Press
- ↑ Wise, Justin. (2019) "Greenland's leader rips Trump: Idea of buying territory 'not something to joke about'" The Hill
- ↑ "Kim Kielsen tabte valget: Det er en lettelse". KNR (en dinamarqués). Consultado o 2020-11-30.
- ↑ "Erik Jensen felldi Kim Kielsen í formannskjöri Siumut". RÚV (en islandés). 2020-11-29. Consultado o 2020-11-30.
- ↑ "Kim Kielsen - Naalakkersuisut". naalakkersuisut.gl. Arquivado dende o orixinal o 2018-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kim Kielsen |