Saltar ao contido

Uummannaq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUummannaq
Imaxe

Localización
Mapa
 70°40′29″N 52°07′35″O / 70.6747, -52.1264
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloAvannaata Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.407 (2020) Editar o valor en Wikidata (136,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie10,29 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1763 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3961 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Uummannaq é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 1 407 habitantes en 2020, é a oitava vila máis poboada de Groenlandia.[1]

Fundada en 1763[2] como Omenak,[3] a vila é un importante centro de caza e pesca, cunha fábrica de conservas e unha canteira de mármore.[4] En 1932, a Universal Greenland-Filmexpedition co director Arnold Fanck estrearon o filme S.O.S. Eisberg preto de Uummannaq.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Uummannaq (á esquerda) ao pé da montaña homónima.

A vila atópase na illa de Uummannaq, que está no parte meridional do fiorde de Uummannaq, a 590 quilómetros ao norte do círculo polar ártico.

Montaña Uummannaq

[editar | editar a fonte]

A illa tamén acolle a montaña Uummannaq, que se ergue bruscamente até acadar os 1170 metros de altura. Para escalala requírense boas habilidades técnicas.

Uummannaq ten un clima de tundra con veráns fríos e curtos e invernos longos e moi fríos.

Datos climáticos para Uummannaq
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C −8 −12 −11 −8 2 8 11 9 4 0 −3 −6 −1
Media mínima en °C −13 −17 −17 −14 −4 2 5 5 1 −3 −7 −10 −6
Precipitación media mm 23 10 10 13 10 8 13 13 20 18 30 30 188
Fonte: Weatherbase [6]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Uummannaq é a segunda vila do concello de Avannaata en termos de poboación. En 2020 tiña 1 407 habitantes,[1] o que supón unha diminución de máis do 12% dende o ano 2000.[1]

Variación da poboación de Uummannaq entre 1991 e 2010. Fonte: Statistics Greenland[1]

Variación da poboación de Uummannaq entre 1991 e 2010. Fonte: Statistics Greenland[1]


  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 01 de febreiro de 2024. 
  2. [1] Arquivado 2010-10-30 en Wayback Machine.
  3. Colton, G.W. "Northern America. British, Russian & Danish Possessions In North America." J.H. Colton & Co. (New York), 1855.
  4. [2] Arquivado 2010-10-27 en Wayback Machine.
  5. Estate of Walter Riml (ed.). "1932: In Greenland". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2014.  – About filming in Greenland. Lobbycards, photos, etc. of Walter Rimls estate
  6. Weatherbase, ed. (2011). "Weatherbase: Historical Weather for Uummanaq, Greenland".  Consultado o 24 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]