Lapislázuli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lapislázuli

Lapislázuli[1], coñecido tamén coma lapis, é unha rocha metamórfica de cor azul utilizada como xema ou como rocha ornamental dende antes do 7000 a.C. en Mehrgarh na India, situado no que hoxe é o Paquistán. A súa cor azul escura e opaca, fai que esta xema fose altamente apreciada polos faraóns exipcios, como pode ser visto polo seu uso destacado en moitos dos tesouros recuperados das tumbas faraónicas. É aínda moi popular hoxe.

Trátase dunha rocha e non dun mineral porque está composto por varios minerais. A primeira parte do nome, lapis, en latín significa pedra. A segunda parte, lázuli, é a forma xenitiva no latín, lazulum, que veu do árabe (al)- lazward, que veu do persa لاژورد lāžward, que veu á súa vez do sánscrito Rāja-āvárta, significando «xoia real». Lazúli era orixinalmente un nome, mais logo veu significar azul por causa da súa asociación coa pedra. Outro nome do lapislázuli en sánscrito era āvárta-mani: «xoia real de pirita».

A palabra en inglés azure, do azul español e portugués, e o azzurro italiano son cognatos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lapislázuli.