Lamento da Frouseira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lamento da Frouseira
Lingualingua galega
Xénero(s)poesía
editar datos en Wikidata ]

O Lamento da Frouseira[1] é un cantar de carácter dramático, escrito en galego e de autoría descoñecida. Fai referencia ao axustizamento do mariscal Pedro Pardo de Cela na praza Maior de Mondoñedo a mediados de decembro de 1483.

Características[editar | editar a fonte]

O Pranto ou Lamento da Frouseira é unha obra dos Séculos Escuros. Composto de catro estrofas, conmemora o sitio que as tropas dos Reis Católicos inferiron ao nobre galego Pedro Pardo de Cela durante case dous anos, entre 1481 e 1483, no antigo Castelo da Frouxeira (Santa Cilla do Valadouro, Foz), facendo fincapé na derrota do galego pola traizón levada a cabo polo coñecido como Cofano do Valadouro[2].

Segundo analistas como Domingo Blanco (2000), é unha mostra dos cantares populares referidos á vida e morte de Pardo de Cela compostos pouco tempo despois do seu pasamento. Non obstante, a única copia coñecida do texto data de 1674, polo que J. A. Souto Cabo (2000) e X. R. Pena (2013), inclúen o texto no conxunto das falsificacións históricas levadas a cabo durante os séculos XVI-XVII-XVIII. O obxectivo deste proceder radicaría, no caso do Pranto, no afán de Fernando de Saavedra Rivadeneyra, descendente do mariscal, por demostrar o seu avoengo e liñaxe para reclamar os seus privilexios diante do rei Carlos II de España. Baldomir Cabanas (2010), se ben que non dubida dunha orixe popular na composición, acepta que se trata realmente dunha composición inserida nun libro xenealóxico que recolle a historia dos antecesores do propio Rivadeneyra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Xerais. p. 77. 
  2. Carballo Calero, R. (1989). "Pedro Madruga no teatro galego". Estudos e ensaios sobre literatura galega. Ediciós do Castro. p. 38-39. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]