Lamas, Leiro
| Lamas | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Lamas. | |
| Concello | Leiro[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°22′48″N 8°10′32″O / 42.37988525, -8.1755083 |
| Poboación | 124 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os montes de Pena Corneira, cunha ampla vista panorámica.
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lamas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Lamas no concello ourensán de Leiro | |
|---|---|
Parroquias de Leiro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina non oficial do concello de Leiro Arquivado 01 de setembro de 2018 en Wayback Machine.