Lagosta moura
| Lagosta moura | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Palinurus mauritanicus | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta europea ou común (Palinurus elephas).
Descrición
[editar | editar a fonte]Alcanza tamaños moi superiores ós normais na lagosta común, chegando a lonxitudes de ata 75 cm e pesos de 5 a 6 kg. Os talles habituais roldan os 50 cm.
O cefalotórax desta especie é maior e máis avultado có da lagosta común, e mostra unha cor rosada-vermella, sen manchas. Na parte lateral do abdome presenta pequenas manchas máis claras có fondo, mesmo brancas, de tamaño desigual.
Nas antenas destacan os aneis rosas e brancos. Outra característica a sinalar é o feito de que o primeiro par de patas non remata en pinza, senón nunha uña única.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase no Atlántico occidental africano e no Mediterráneo, chegando á altura do Ecuador. Normalmente prefire fondos duns 100 metros de profundidade.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Outros nomes desta lagosta son os de lagosta mauritánica, lagosta portuguesa, lagosta africana, lagosta salameña, lagosta rosada ou lagosta diamante.
- inglés: pink spiny lobster
- francés: langouste de Mauritania
- alemán: mauretanische languste
- italiano: aragosta mauritanica
