Lagoas de Basturs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lagoas de Basturs
Estanys de Basturs
Lagoas de Basturs Estanys de Basturs
Lagoa grande de Basturs.
Lagoas de Basturs en Provincia de Lleida
Lagoas de Basturs
Lagoas de Basturs
RexiónCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
LocalizaciónIsona i Conca Dellà
Coordenadas42°08′36″N 1°01′11″L / 42.14333, -1.01972Coordenadas: 42°08′36″N 1°01′11″L / 42.14333, -1.01972
Superficie36,98 ha

As lagoas de Basturs son dúas lagoas coa categoría de Lugar de importancia comunitaria (LIC) que se atopan preto das vilas de Basturs e Sant Romà d'Abella, no concello catalán de Isona i Conca Dellà, na comarca de Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. Están incluídas no Pla d'Espais d'Interès Natural (PEIN) da Generalitat de Cataluña e na Rede Natura 2000.[1] Forman unha zona húmida de orixe cársica de grande importancia. Xunto coas lagoas de Banyoles, as do val de Sant Miquel de Campmajor e a lagoa de Montcortès, forman as catro zonas húmidas de orixe cársica máis notábeis de Cataluña.[2] Aliméntanse dunha fonte de auga subterránea máis ou menos constante durante todo o ano. Na última década do século XX formouse unha terceira lagoa nunha leira próxima, pero ao pouco tempo desapareceu.

Fauna[editar | editar a fonte]

Aínda que algúns dos seguintes animais só foron observados puntualmente, nas lagoas de Basturs avistáronse voitres, pitas do monte, garzas reais, lontras, cervos, teixugos e garduñas.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Natura 2000 (ed.). "Estanys de Basturs" (PDF). Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Generalitat de Cataluña (ed.). "Estanys de Basturs" (PDF). Fitxes descriptives de zones humides. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]