Lagoa de Montcortès
Tipo | lago Zona húmida área protexida da rede Natura 2000 espazo natural protexido Pla d'Espais d'Interès Natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Baix Pallars, España | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
Características | ||||
Altitude | 1.065 m | |||
Profundidade | 30 m | |||
Dimensións | 322 () × 475 () m | |||
Superficie | 12,4 ha 45,10359 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389103 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1992 | |||
A lagoa de Montcortès é un Lugar de importancia comunitaria (LIC) que se atopa no concello catalán de Baix Pallars, na comarca de Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. É unha formación de orixe cársica e xunto coas lagoas de Basturs, é a única lagoa non glacial dos Pireneos. Atópase preto da vila de Montcortès a 1 030 msnm. O seu perímetro é case circular e mide 1 320 metros, e a súa fondura máxima é de 30 metros. Tamén está incluída no Pla d'Espais d'Interès Natural (PEIN) da Generalitat de Cataluña e na Rede Natura 2000.[1]
Hidroloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dunha lagoa oligotrófica[2] (as súas augas son pobres en nutrintes). A súa hidroloxía está controlada fundamentalmente por contribucións subterráneas que compensan as perdas que ten pola evaporación e por un regato emisario na súa beira norte.
Flora
[editar | editar a fonte]Predominan as xunqueiras e as plantas acuáticas como as Potamogeton.
Fauna
[editar | editar a fonte]Destacan a rara especie de caracol Lymnaea stagnalis, a aguia peixeira, o lavanco e diversas especies de peixes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A lagoa de Montcortès no verán.
-
A lagoa no outono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Natura 2000 (ed.). "Estany de Montcortès". Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ "Un pdf da Sociedade Xeológica" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagoa de Montcortès |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lluís i Pallarès, Joan (1961). Editorial Barcino, ed. El meu Pallars. Volum II. El Pallars Sobirà, 1a part. Barcelona. ISBN 84-7226-118-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Panorámica da lagoa de MontcortèsArquivado 22 de novembro de 2015 en Wayback Machine.