Lagharteiras (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lagharteiras
Álbum de Lagharteiras
Publicado1 de xaneiro de 2015
Xénero(s)Música tradicional galega

Lagharteiras é o primeiro álbum de estudio do grupo de música tradicional galega Lagharteiras. Foi gravado entre os meses de xaneiro e decembro do ano 2013 e publicado o 1 de xaneiro de 2015. A súa presentación oficial foi o 1 de febreiro de 2015 na parroquia mosense de Torroso.[1] Componse dunha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Lagharteiras
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Canto, pateado e regueifa de Abelleira" (Muros, A Coruña)Tradicional galega 4:19
2. "Jota e muiñeira de Gargamala" (Mondariz, Pontevedra)Tradicional galega 3:49
3. "Maneo e empuñada de Cambre" (Malpica de Bergantiños, A Coruña)Tradicional galega 5:46
4. "Pateado e muiñeira de Torea" (Muros, A Coruña)Tradicional galega 4:51
5. "Ronda, jota e muiñeira da Mezquita" (A Mezquita, Ourense)Tradicional galega 6:29
6. "Ribeirana de Mondariz" (Mondariz, Pontevedra)Tradicional galega 2:59
7. "Canto, riscada, maneo e empuñada de Anxeriz" (Tordoia, A Coruña)Tradicional galega 7:32
8. "Jota, ribeirana e mazurca de Sequeiros" (Pazos de Borbén, Pontevedra)Tradicional galega 7:21
9. "Jota e muiñeira de Rodeiro" (Avión, Ourense)Tradicional galega 4:23
10. "Mazurca e muiñeira de Petán" (A Cañiza, Pontevedra)Tradicional galega 4:54

Participantes[editar | editar a fonte]

  • Sara Abalde Cela (voz e pandeireta)
  • Tamara Costas Caamaño (voz e pandeireta)
  • María García Santomé (voz e pandeireta)
  • Marta Martínez Valladares (voz e pandeireta)
  • Leticia Rodríguez Pais (voz e pandeireta)
  • Patricia Sobreira Tomé (voz e pandeireta)
  • Belén Tievo Docampo (voz e pandeireta)
  • Laura Vila Martínez (voz e pandeireta)
  • Carlos Álvarez Gómez (director)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. xornal21.com (ed.). "“Lagharteiras” presentou en Torroso o seu primeiro disco". Consultado o 11 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]