Lagharteiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lagharteiras
OrixeTameiga, Mos, Galicia Galiza
Período2007 – actualidade
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosSara Abalde Cela
Tamara Costas Caamaño
María García Santomé
Marta Martínez Valladares
Leticia Rodríguez Pais
Patricia Sobreira Tomé
Belén Tievo Docampo
Laura Vila Martínez
Uxía Diz Méndez
Carlos Álvarez Gómez (director)[1]

Lagharteiras é un grupo de pandeireteiras galegas con orixe na parroquia de Tameiga, Mos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creado no ano 2007[2], o principal obxectivo do grupo é o de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.

No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, radicada no concello de Mos[3]. Destacan as súas actuacións por toda a xeografía galega, pero tamén fóra dela, como no Bierzo, Oviedo ou Ávila[4].

O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primeiro álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Sara Abalde Cela (voz e pandeireta)
  • Tamara Costas Caamaño (voz e pandeireta)
  • María García Santomé (voz e pandeireta)
  • Marta Martínez Valladares (voz e pandeireta)
  • Leticia Rodríguez Pais (voz e pandeireta)
  • Patricia Sobreira Tomé (voz e pandeireta)
  • Belén Tievo Docampo (voz e pandeireta)
  • Laura Vila Martínez (voz e pandeireta)
  • Uxía Diz Méndez (voz e pandeireta)
  • Carlos Álvarez Gómez (director)

Galardóns[editar | editar a fonte]

Actualmente son arredor dunha vintena os premios que avalan tanto a súa traxectoria no mundo da música tradicional como a súa laboura de recolleita e conservación do patrimonio musical galego, destacando:[5]

  • 1º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2009.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2009.
  • 4º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2010.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2010.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2010.
  • 4º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2012.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2012.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2013.
  • 1º Premio no concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2013.
  • Premio ó mellor vestiario tradicional Traspés 2013.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2013.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2014.
  • Premio ó mellor vestiario no concurso da AX Xiradela 2014.
  • 2º Premio no concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2014.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2015.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2016.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vázquez, Dolores (3 de abril de 2015). "Lagharteiras: «Un disco non deixa de ser un fillo»". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  2. "Lagharteiras leva o seu traballo de investigación ao disco". Consultado o 11 de abril de 2015. 
  3. "O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” presenta en Torroso o seu primeiro disco". Consultado o 11 de abril de 2015. 
  4. xornal21.com (ed.). "As Lagharteiras de Mos triunfan nun festival musical en Ávila". Consultado o 11 de abril de 2015. 
  5. xornal21.com (ed.). "“Lagharteiras” presentou en Torroso o seu primeiro disco". Consultado o 11 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]