Saltar ao contido

José Luis Rodríguez Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Rodríguez Moreno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBoadilla del Monte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónventriloquo (pt) Traducir (década de 1970–década de 1980), presentador de televisión, actor, director de cinema, empresario, produtor de televisión, guionista, cantante, produtor delegado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMiramón Mendi, director executivo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesSeñor Wences Editar o valor en Wikidata

Sitio webgrupojoseluismoreno.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0604037 BNE: XX1259808 Musicbrainz: ff5c4d4e-19c4-46a4-a39a-2f895ec71721 Discogs: 2437430 Editar o valor en Wikidata

José Luis Rodríguez Moreno, coñecido como José Luis Moreno, nado o 16 de abril de 1947 en Madrid, é un actor, ventrílocuo, presentador de televisión, e empresario español, propietario da produtora Miramón Mendi, que foi creada no ano 1988.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende os seus comezos dedicouse ao mundo do espectáculo e da produción televisiva. Ao longo dos anos organizou galas, espectáculos puntuais ou series en distintas cadeas españolas coma TVE, Antena 3 ou Telecinco, ademais de en diversas canles autonómicas, como foi o programa Entre amigos e algunhas internacionais, como a RAI.

Ata o de agora, o seu maior éxito foi Aquí no hay quien viva (2003). Cedeu os dereitos desta serie a canles televisivas francesas e italianas para a retransmisión dunha versión desta serie neses países. Outras series que produciu Miramón Mendi para Antena 3 foron La sopa boba (2004) e A tortas con la vida" (2005-2006). En TVE dirixiu o programa de variedades Tu Gran Noche durante dous anos e Noche de Fiesta durante outros cinco anos máis. Dende o ano 2000 ata o 2004 dirixiu tódolos programas especiais de fin de ano de TVE-1. No ano 2005 dirixiu o de Antena 3. Durante o verán de 2002 dirixiu en Antena 3 o programa Verano Noche.

José Luís Moreno tamén traballou no filme de Santiago Segura Torrente 2: Misión en Marbella, na que interpretou a Spinelli, un terrorista disposto a facer estoupar Marbella cuns mísiles. No filme compartía cabeceira con Santiago Segura, Gabino Diego, Tony Leblanc e Inés Sastre. José Luis Moreno traballou tamén no teatro, dirixindo e producindo tanto óperas coma zarzuelas. Durante o ano 2005 produciu obras de teatro na sala La Latina.