La philosophie expliquée à ma fille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La philosophie expliquée à ma fille
Autor/aRoger-Pol Droit
Lingualingua francesa
Data de pub.2004
editar datos en Wikidata ]

La philosophie expliquée à ma fille (A filosofía explicada á miña filla) é un libro do escritor francés Roger-Pol Droit, publicado en 2004.

Sinopse[editar | editar a fonte]

No libro un pai explícalle á súa filla de 16 anos o importante que é a filosofía para a vida.

A palabra filosofía provén do grego, e significa amor pola sabedoría, pero non só con saber isto chega para comprender realmente o que é.

A filosofía busca a verdade en diversos campos: moral, político, científico, psicolóxico… e búscaa a través das ideas en forma de pregunta como por exemplo: cal é a verdadeira idea da alma? Estas buscas son importantes para vivir dunha maneira máis humana e intelixente, xa que as ideas gobernan as accións, as formas de vida e os comportamentos. Todos temos ideas, pero grazas á filosofía podemos distinguir as falsas das verdadeiras, moi fáciles de confundir, debido ó aprendizaxe a través do exterior que nos rodea, dende pequenos. Para iso debemos de examinalas e poñelas a proba para escoller as verdadeiras e detectar as falsas.

Os antigos filósofos buscaban sabelo todo con exactitude, como Sócrates, que se burlaba da xente demostrándolles que se equivocaban en todo aquilo que dicían coñecer mellor. A filosofía comeza sempre co descubrimento da nosa ignorancia, xa que os humanos temos un impulso de desexo polo saber.

Antigamente a filosofía abarcaba todo: matemáticas, física, cuestións morais... e esta soñaba con chegar a coñecelo todo. Para os sabios, saber non era só instruírse, senón que tamén implicaba transformarse (perfeccionarse).

Na historia da filosofía, Platón e Aristóteles (xenios da antigüidade) pódese dicir que inventaron as regras do xogo. Nesa época de lendas empezouse a querer comprender, intentar razoar e usar a cabeza para descubrir a organización do mundo, as normas da vida e as leis da xustiza. Daquela fíxose unha diferenciación entre os sabios, que eran os que posuían a sabedoría, e os filósofos, que eran os que a buscaban.

Explicado dunha maneira sinxela a busca da sabedoría implicaba unha transformación de si mesmos para seren felices e ser capaces de abandonar a vida dun momento a outro sen axitarse, polo que os filósofos dicían que ningún ser humano chegará a ser sabio, que só era un modelo a seguir; como dicía Aristóteles: "o ser humano está feito para coñecer e desexar saber, xa que o coñecemento lle pode procurar a maior felicidade".

Naquela época tiñan uns pensamentos semellantes ós nosos, xa que na filosofía xorden novos puntos de vista sen aprazar as vellas ideas.

Unha das fontes a seguir era que o pracer daba a felicidade. Hai dúas concepcións de praceres: en repouso (non sentir dor, nin sono...) o non sentir dor da a felicidade, e en movemento (bailar, beber, facer o amor... ) para sentir o desexo.

Despois coa chegada do cristianismo houbo uns certos cambios como por exemplo que os sabios pasaron a ser santos para acadar a salvación e con isto a felicidade. Pasouse dun horizonte humano a un divino onde se deixou apartada a filosofía ata que chegou o renacemento onde volveu ser libre pero sen a figura do sabio, nela xa só interesaba a verdade.

A filosofía moderna o que quería era un sistema filosófico, isto é, unha comprensión global do mundo en todos os aspectos e xerar respostas a partir de principios e regras. Na filosofía actual o que se persegue é unha comprensión do mundo captando a realidade mediante o pensamento, onde unha verdadeira idea (aquela que pode ser explicada) que estea ben construída aporta unha realidade creada mediante palabras.

A lingua pode facer o ben ou o mal, mentir ou dicir a verdade (pode implicar falar de algo verdadeiro ou falso); como dicía Esopo: “a lingua é a mellor ou a peor das cousas”.

Para expresar unha idea hai que seguir tres pasos: 1. A frase que expresa a idea non pode ser un galimatías (verde e o é). 2. Non pode conter contradicións (círculo cadrado). 3. A frase debe referirse a algo existente (pelos de tartaruga).

Aínda así isto non quere dicir que as palabras non poden designar ideas abstractas (sinal de prohibido o paso).

Partes da filosofía[editar | editar a fonte]

A metafísica é a parte que interroga os puntos máis fundamentais da realidade e a lóxica é o estudo das demostracións e os razoamentos, que máis adiante e xunto coa psicoloxía (estudo da alma) se separaron da filosofía.

A filosofía moral relacionase coa política no punto común entre a relación de varias persoas onde somo bos e malos cos nosos semellantes e os nosos semellantes a nos. A moral vincúlase co feito de estar en relación con outras persoas e isto dá lugar á política que se encarga da organización dunha cidade, preocúpase polos dereitos dos homes e mulleres e da defensa das liberdades dos cidadáns.

Todo o mundo pode saber facilmente cal é o seu deber, que en situacións similares é o mesmo para todos, o que depende das persoas non é o deber, senón cumprilo ou non (podes elixir). As ideas universais son válidas para todo o mundo e en calquera lugar.

Disto tírase a conclusión de que a filosofía xa non só busca as ideas verdadeiras, senón as ideas verdadeiras universais, aínda que moitas ideas son diferentes e non coinciden iso é porque non se chegou a unha idea universal coa que todos deberían estar de acordo. Para relacionarse coa filosofía hai que ser ambicioso, querelo coñecer todo, e modesto, aplicar un esforzo permanente. Por último temos que encontrar o noso propio camiño a través das ideas gañando amigos, que che axudarán a profundar, e inimigos filosóficos.

Por pouco que sexa sempre hai algo comprensible ó que nos debemos aferrar e co que seguir para diante para conseguir descifralo por moi difícil que pareza.

Partes do libro[editar | editar a fonte]

Prólogo

No prólogo o autor do libro explícanos que quere dicir xeralmente o termo filosofía e fainos comprender que o único que se precisa para entender e practicar a filosofía é: facerse preguntas e ter a capacidade de reflexionar sobre elas.

Ademais, deixa claro o obxectivo do seu libro , que é, dar unha idea máis clara e precisa á xente nova sobre a filosofía.

Capítulo 1: Buscar as ideas verdadeiras

O Primeiro capítulo do libro comeza dicindo o significado de filosofía no grego antigo (amor cara á sabedoría). Logo disto, explica que coñecer algo realmente leva consigo vivilo.

Dentro do campo da filosofía buscase a verdade no terreo das ideas,pero aquí preséntase o primeiro dos problemas : Como sabemos se a idea é falsa ou verdadeira? A resposta non resulta complicada,deben de examinarse as ideas detidamente para sabelo.

O autor, ponnos varios exemplos disto con historias sobre o que Sócrates facía antigamente para ensinar ás persoas que non coñecían realmente aquilo que crían coñecer mellor.

Capítulo 2: Ser sabio ou instruído

No segundo capítulo,fai referencia aos gregos e á herdanza que nos deixaron, xa que eles foron os creadores das “pautas” da filosofía.

Na Grecia antiga, os sabios eran os que posuían a sabedoría ,é diferente do que hoxe en día son os filósofos que buscan a sabedoría e tamén unha comprensión de mundo por medio de captar a realidade a través do pensamento con lóxica.

A parte da grega,fai notar a importancia doutras culturas antigas, que son hoxe en día a nosa referencia sobre a filosofía. Ademais trata diferentes formas de pensamento como o estoicismo (crenza de que se pode ser feliz a pesar de sufrir a miseria e a dor).

Capítulo 3:Seguir o camiño das palabras

Marca a diferenza entre unha idea falsa e unha verdadeira xa que estas, poden guiar ou desviar e a filosofía busca as ideas verdadeiras mediante as palabras,estas son o seu instrumento.

Para saber se unha idea é correcta cómpre verificar que a frase que a expresa non é un galimatías (que non transmite nada), comprobar que non contén ningunha contradición e por último,pensar se se refire a algo existente ou só a algo posible.

En definitiva, hai que procurar se se trata dunha realidade abstracta (que só se pode pensar) e facer diferenza entre o concreto (o que se percibe polos sentidos) e o abstracto.

Capítulo 4:Tantos camiños de liberdade!

Danos a coñecer os dominios da filosofía: a metafísica (parte que se interroga sobre as cousas máis importantes da realidade), a lóxica (estuda os razoamentos e as súas demostracións) e a psicoloxía (estuda o funcionamento da alma).

Ademais presenta os puntos en común e as diferenzas entre a moral e a política.O que teñen en común é a relación entre varias persoas. A filosofía, é ao fin e ao cabo, unha procura, pero das ideas universais e esta é a razón do desacordo entre os filósofos xa que ninguén é capaz de buscar a verdade universal e que á súa vez, sexa aceptada por todos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]