La Región Gallega (A Habana)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Región Gallega.
La Región Gallega foi unha revista publicada na Habana entre 1913 e 1914.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano Oficial de la Liga de Acción Gallega en Cuba, apareceu en xullo de 1913 cunha periodicidade semanal. Fundada e dirixida por Enrique Zas Simó, entre os seus colaboradores figuraron Jesús Peynó Piñeiro, Roberto Blanco Torres e Eduardo Núñez Martínez. Incluíu información de Galicia e Cuba, e artigos sobre a problemática social galega. Blanco Torres foi multado por un artigo contra o directivo do Centro Galego Secundino Baños publicado na revista. Desapareceu pouco despois de abril de 1914.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Domingo Cuadrillero, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 253. ISBN 84-8472-069-1.