Saltar ao contido

La Noche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de abril de 2016 ás 23:18 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Arranxos varios using AWB)

La Noche foi un xornal vespertino que se editou en Santiago de Compostela entre 1946 e 1967.

Traxectoria

Subtitulado Único diario de la tarde en Galicia, apareceu o 1 de febreiro de 1946.[1] Substituíu a El Compostelano e continuou a súa numeración. En 1967, El Correo Gallego e La Noche (ambos pertencían á Editorial Compostela) fusionáronse nun só periódico, tamén vespertino chamado El Correo Gallego, diario de La Noche. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de 1968, cando volveu reaparecer El Correo Gallego como diario matutino.

Estivo dirixido por José Goñi Aizpurua, Raimundo García Domínguez (Borobó), José Vidal Iborra e Francisco Leal Ínsua. Entre os seus colaboradores figuraron Antón Fraguas, Xosé Filgueira Valverde, Couceiro Freijomil, Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey, Vicente Risco, Varela Jácome, García-Bodaño e Méndez Ferrín.

Entre outubro de 1949 e xaneiro de 1950 incluíu un suplemento semanal, titulado "La Noche. Suplemento del sábado", de carácter literario e económico. Coordinado por Francisco Fernández del Riego (que asinaba como Salvador Lorenzana) e Xaime Isla Couto (que asinaba como Santiago Fernández), a súa tendencia era galeguista e progresista, e incluíu artigos e ensaios sobre literatura, principalmente sobre literatura galega.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.