La Llorona (filme de 2019)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Llorona
Ficha técnica
Título orixinalLa Llorona
DirectorJayro Bustamante
ProdutorJayro Bustamante
GuiónJayro Bustamante
IntérpretesMaría Mercedes Coroy
MúsicaPascual Reyes
MontaxeJayro Bustamante
EstreaFestival de Venecia: 30 de agosto de 2019
Duración97 minutos
Orixe Guatemala
XéneroTerror
Na rede
IMDB: tt10767168 Allocine: 277136 Rottentomatoes: m/la_llorona_2019 Metacritic: movie/la-llorona Editar o valor em Wikidata

La Llorona é un filme guatemalteco de 2019 dirixido por Jayro Bustamante.[1][2] La Llorona estreouse internacionalmente o 30 de agosto de 2019 no Festival Internacional de Cinema de Venecia (Giornate degli Autori),[3] e posteriormente na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019.[1][4] Foi escollido como candidato de Guatemala para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.[6]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O xeneral Enrique Monteverde afronta un xuízo por crimes conta a humanidade por un xenocidio contra civís maias do cal foi responsábel décadas atrás, ocorrido nas zonas rurais de Guatemala. Aínda que nun principio é condenado, o procedemento é declarado nulo e a sentenza queda sen efecto. De volta na súa casa xunto coa súa familia, e no medio das protestas de quen está desconforme co resultado do xuízo, o home comeza a escoitar durante as noites o pranto dunha muller e a experimentar algúns acontecementos sobrenaturais. O seu xeito errático de actuar asusta os empregados da casa, que deciden renunciar, o cal provoca a chegada dunha misteriosa rapaza chamada Alma para traballar como serva.[7][8]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • María Mercedes Coroy como Alma
  • Sabrina De La Hoz como Natalia
  • Margarita Kenéfic como Carmen
  • Julio Díaz como Enrique Monteverde
  • María Telón como Valeriana
  • Juan Pablo Olyslager como Letona
  • Ayla-Elea Hurtado como Sara

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La Llorona". Festival Internacional de Cinema de Toronto (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. "The Weeping Woman". Cineuropa. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2019. 
  3. "LA LLORONA". Giornate degli Autori (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  4. Fleming Jr., Mike (13 de agosto de 2019). "Toronto Adds The Aeronauts, Mosul, Seberg, & More To Festival Slate". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2019. 
  5. Hipes, Patrick (6 de novembro de 2020). "Guatemala Submits Horror Pic 'La Llorona' For International Oscar Race". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  6. Davis, Clayton (9 de febreiro de 2021). "Oscars Shortlists Announced in Nine Categories". Variety. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 
  7. "Crítica: La Llorona". Cineuropa. 2 de setembro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  8. "La llorona, de Jayro Bustamante". Literal Magazine. 19 de agosto de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]