La Distracción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Distracción
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9047
editar datos en Wikidata ]

La Distracción foi un periódico editado en Pontevedra en 1847.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de Ciencias y Literatura, apareceu o 15 de maio de 1847. Saía os días 1 e 15 de cada mes. De carácter científico e literario, constaba das seccións: Ciencias naturales, Literatura, Noticias, Precios de mercado e Anuncios. Foron os seus redactores Miguel Rúa, José Ramón Franco e Antolín Esperón e os colaboradores Leopoldo Martínez Padín, José Domínguez Izquierdo, José Puente Brañas, José María Posada, José Benito Amado Boullosa e Juan Cuveiro Piñol. Os sete primeiros números imprimíronse nos obradoiros de Hijos de Vila, no número oito pasou aos de Francisco A. Ruíz. Cesou a súa publicación en novembro de 1847.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]