Antonia Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonia Vila
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1815 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1870 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónimpresor , editora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonia Vila Soneira, nada en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1815 e finada en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1870, foi unha impresora e editora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Manuel María de Vila e de María de Concepción Soneira Basanta, unha familia de impresores. A súa nai morreu aos poucos anos e o seu pai encargouse da súa educación. Casou con Juan Verea o 20 de abril de 1833, e o seu pai incorporouno ao obradoiro familiar. Por causa da enfermidade do pai, en 1843 Antonia trasladouse a Pontevedra coa familia, onde se instalara o pai para imprimir o Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra. Utilizou o seu nome de pía como pé tipográfico. O seu pai moreu o 10 de agosto de 1845 e a imprenta pasou a denominarse Imprenta de los hijos de D. Manuel María de Vila. En 1846 as publicaciones aparecen coa tipografía de Hijos de Vila. Imprimían o periódico La Distracción. En 1854 morreu o seu home e Antonia fíxose cargo en solitario do negocio que cambiou a súa denominación a Viuda de Verea Varela ata 1864. Nese ano alquilou a imprenta a J. Buceta, Solla y Compañía que a renovaron e crearon a Imprenta del Siglo, baixo a dirección de Antonio Tíscar, que funcionou entre 1865 e 1872. En 1874 un seu fillo asociouse con Rogelio Quintans formando a imprenta Verea y Quintans.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]