José Domínguez Izquierdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Domínguez Izquierdo, finado en Louro (Valga) o 24 de agosto de 1897[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela en 1842, doutor en Dereito, foi xuíz. Colaborou nos periódicos El Iris del Bello Sexo, El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia, El Heraldo Gallego, La Perseverancia, El Porvenir e La Joven Galicia, e foi redactor de El Recreo Compostelano, El Eco Compostelano e El Miño. Entre as súas publicacións destacan Fisionomía del médico gallego rural (1851), Outra carta procrama en pro do País en contra de canto se opoña ao engrandecemento do antigo reino gallego (1858), baixo o pseudónimo Pepe de Mingos Esquerdo, e Estonces e agora ou coroas e cadeas do fidalgo povo galicián (1859), que forman parte dos primeiros textos en prosa escritos en galego. Dirixiu a Corona fúnebre a la memoria del distinguido poeta gallego Aurelio Aguirre Galarraga (1859).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Opinión, 30-8-1897, p. 2.