José Puente Brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Puente y Brañas

José Puente Brañas, nado na Coruña o 12 de xullo de 1824 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1857, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado, foi secretario da Deputación da Coruña e profesor de retórica e poética no Instituto da Coruña. Integrante do primeiro provincialismo, foi membro da Academia Literaria en Santiago de Compostela, colaborou en El Porvenir, Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, El País e El Defensor de Galicia e dirixiu El Liceo e El Iris de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El gabán blanco, comedia en un acto.
  • Un amigo, comedia en dos actos.
  • María Pita, drama romántico en verso.
  • El juramento cumplido, drama en un acto.
  • La minoría de Carlos II, drama en cinco actos.
  • Preludios del arpa, 1847 (colección de lendas románticas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]